Tivemos a gran sorte de que as encargadas de descubrir a placa co nome da nosa biblioteca foran Susana Lamela e María Lires, escritora e ilustradora respectivamente de "Soños de Andel", que foi o nome elixido.
A continuación os "Titiriteiros de Andrade" representaron, en guiñol, unha breve adaptación do conto adicada especialmente ás nosas anfitrionas.
Despois unha actuación sorpresa. A maxia fixo que dun libro xigante saíran todas as personaxes que encerran os contos: piratas, magos, princesas, trasnos, bruxas...Para rematar tivemos o pracer de escoitar a Susana e a María nunha charla-coloquio.
Explicáronnos un montón de cousas interesantes, coma que o nome do protagonista de "Soños de andel", Ani, é o nome dun irmán de Susana ou que a María de pequena lle gustaba debuxar os xoguetes que desexaría ter, e sobre todo que a idea principal deste conto é animar a todos aqueles que teñen algún complexo, insistir en que todas e todos temos moito que ofrecer e que se loitamos sempre podemos facer realidade os nosos soños.

Foi unha xornada irrepetible e moi emotiva.
7 comentarios:
Un acto ben fermoso. Parabéns!!
Unha aperta
Parabéns por unha xornada tan máxica.
Apertas dende Fene
Tés un agasallo no meu blog.
Apertas
Moitas grazas polo acto, pola dedicación, polo trato, polo traballo que fixestes...
Soños de andel xa forma parte dese lugar máxico que é a vosa biblioteca.
Unha aperta moi agarimosa
Xenial inicio de curso. Parabéns desde Cabanas.
Fermoso inicio de curso Raioteca.
Esperamos estar en contacto este ano tamén.
Bicos.
I wish not concur on it. I regard as nice post. Expressly the title attracted me to read the intact story.
Publicar un comentario