Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume en 1957 e falecido en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977). Como narrador deuse a coñecer en 1986 co relato "O retornado", Premio Pedrón de Ouro.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa. Se queres saber algo máis sobre a súa vida e obra preme na foto.
O venres 29, celebrouse en Pontedeume, nos xardíns de Lombardero, un acto en homenaxe a Ramiro Fonte, organizado pola Biblioteca Pública Municipal, en colaboración cos CEIPs do concello; do noso centro acudiron o grupo de alumnas e alumnos de 5º curso, que recitaron tres poemas do libro "O XARDÍN DO PASATEMPO".
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

XUÑO
Sereas de pelo louro,
Un xigante calamar,
Un galeón cun tesouro,
Moran no fondo do mar.
Un xigante calamar,
Un galeón cun tesouro,
Moran no fondo do mar.
Eu busco ouro de lei,
Pero son un buzo vello,
o escafandro empeñei.
E non me xogo o pelello.
Pero xa me consolei
Dando mergullos no espello.
E encontrei un tiburón,
Da sereíña un colar,
O enferruxado rizón,
Cousas que gardaba o mar.
Ramiro Fonte
"Xardín do pasatempo"
2 comentarios:
Felicidades por el blog. Tu hijo que te quiere mucho :P
¿Se le ha dedicado una calle en Puentedeume?
Publicar un comentario