2/4/09

"EU SON O MUNDO"

O 2 de Abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil. A mensaxe este ano leva o título de:
"Palabras y dibujos, prosa y verso
me trasladan a lugares
que están cerca y a la vez lejos ..."
No colexio, esta celebración coincide este ano co remate do certame de RECITADO DE POESÍA que convocamos dende a biblioteca 0 23 de Marzo co motivo da celebración do "Día Mundial da Poesía".
Foron tantos os poetas e poetisas que desbordaron todas as previsións, e o que ía ser, en principio, unha semana, foron dúas.
Algúns dos/as participantes elixiron os poemas dos libros de poesía expostos, pero a maioría dos poemas son de creación propia.
Aquí amosamos a exposición que lle adicamos a DONA POESÍA e DONA PRIMAVERA:




Aquí tedes unha reportaxe fotográfica do CERTAME POÉTICO.


CERTAME DE RECITADO DE POESÍA. on PhotoPeach


Fixemos unha recompilación dos poemas de creación propia en galego cos que imos elaborar un libro para a nosa biblioteca. Esta é unha mostra deses poemas e ilustracións recitados polos seus creadores e creadoras.

Noraboa a todas e todos !!!

Mañá venres farase pública a lista dos gañadores e gañadoras do certame e será a entrega de premios a todas e todos os participantes. Grazas por converter esta actividade en algo realmente fantástico. Parabéns!!!

3 comentarios:

MIK dijo...

Deixamos un agasallo para vós no noso blog. Esperamos que vos guste. Unha aperta

Bibliomanía dijo...

Un bo traballo o que se recolle nas páxinas deste blog.
Os nosos parabéns!!!

susana dijo...

Foi un magnífico certame, houbo moito sentimento; os rapaces disfrutaron, os mestres tamén, e sin lugar a dudas foi grazas a ese traballo que sempre Raioteca fai.
Moitas grazas Raioteca por todos estes bos momentos de arte e literatura, que sen ti non se darían.
Bicos

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails