23/10/25

UN NOVO CURSO , MIL HISTORIAS POR DESCUBRIR

Benvidos/as a este novo curso 2025/26, onde a nosa rapazada voluntaria de biblioteca xa estivo a preparar moitos elementos esenciais para abrir as nosas portas á aventura da lectura, xogos, radio, etc,...


Mañá teremos a partir das 13 horas, a presentación do Día de Bibliotecas, onde algunha rapazada do voluntariado de biblioteca de 6º de primaria, entregará mochilas viaxeiras e caixas da radio, e presentará o noso novo proxecto.

Tecendo vida: Unha viaxe polos ecosistemas

Esperámosvos a todos e a todas !!!

Deixámosvos coa cuña publicitaria relacionada co noso Proxecto de centro, deste curso escolar 2025/26.



 Magnífica xornada para facer a entrega das mochilas viaxeiras e das caixas da radio Lorolareto, para tecer camiños polos ecosistemas da nosa contorna e da  nosa autonomía.
A rapazada voluntaria de 6º de primaria, agasallounos coa lectura do conto : 

El último árbol

Quixeron facer fincapé na importancia que ten o coidado dos nosos ecosistemas, en especial dos nosos bosques, que tanto precisamos para poder seguir vivindo.
A rapazada gozou moito e as mestras titoras levaron con moito ánimo e gañas as mochilas viaxeiras para o seu alumnado, e as caixas da radio, co fin de traballar os diferentes ecosistemas.

“Protexamos os ecosistemas e protexeremos a vida.”

8/6/25

FEIRARTE- 2ª Mostra de proxectos- curso 2024-25

 Mañá, luns 9 de xuño, imos realizar a segunda feira de final de curso na que se presentarán algúns dos proxectos realizados ao longo deste. 
 
Quedades todos/as convidados/as a asistir a este gran evento que porá o colofón final a todo o traballo realizado polo noso alumnado.
Tal e como se indica, o horario de visita á feira será de 16:30 horas ata as 18:00 horas, polas instalacións do centro. 
 
Non perdades a oportunidade de visitala.
Agardámosvos! 


RECOMENDACIÓNS LECTORAS -VERÁN 2025

 Este curso está chegando ao final, e por iso Raioteca proponvos algunhas lecturas para gozar durante este período estival de grandes aventuras, poesía, libros informativos, etc,... 
Non esquezades que tedes moito tempo para crear, ler e gozar da familia.
Boas lecturas!!!

#SenContaminaciónPorPlástico

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 5 de xuño


A contaminación plástica esténdese a todos os recunchos do planeta, incluído o corpo humano, en forma de microplásticos.  Este ano 2025 o Día Mundial do Medio Ambiente pide unha acción colectiva para abordar este desafío global.

Este Día Mundial do Medio Ambiente celébrase exactamente dous meses antes de que os países se reúnan de novo para continuar as negociacións para un tratado mundial contra a contaminación por plásticos.

Lembra que se traballamos xuntos podemos construír un futuro moito mellor e máis saudable.

No noso centro, temos patrullas medioambientais , onde fan recollida selectiva de papel, envases e de materia orgánica das nosas parvas para a creación de compost , que logo usamos no noso horto escolar e na nova prantación de árbores froiteiras, co obxectivo de seguir creando o bosque comestible.

Da recollida de plástico, encárgase a rapazada de 4º de primaria, cada mércores e venres, vai polas diferentes aulas do colexio para selecionar e recopilar os envases no colector axeitado.

Nesta presentación poderedes dar unha ollada a todo o que se fixo no centro para mellorar o medio ambiente.

Bo traballo rapazada!!!




28/5/25

OBRADOIROS DE TEATRO RADIOFÓNICO

 


O 20 e 21 de maio tivemos na nosa radio Lorolareto, a oportunidade de ter connosco a Paula Carballeira e a Damián Alonso, para mostrar as súas destrezas teatrais radiofónicas.

O alumnado de 4º de primaria gozou da marabillosa interpretación de Paula Carballeira, e a rapazada de 5º e 6º gozou da gran experiencia radiofónica de Damián Alonso, da asociación Ponte nas Ondas.

Moitas grazas aos dous pola vosa  visita e o voso ben facer!!!




Música: Symphony Of The Forest -- Kitaro · Masanori Takahashi

Moitas grazas, Damián por seguir sementando oralidade na nosa rapazada, a través dun medio de comunicación tan enriquecedor.



25/5/25

MES DAS FLORES E DAS LETRAS


 Neste mes cheo de letras e flores, estivemos moi festeiros e traballadores.
Deixámosvos unha recopilación das actividades que se estiveron a facer no noso centro escolar, con moita dedicación e entusiasmo.

6/5/25

MES DO LIBRO

 Neste mes de abril, estivemos moi lectores e contadores de grandes e máxicas historias,para celebrar por todo o alto este mes de lecturas mil.
Tivemos unha magnífica  visita do autor do libro: Os planetas, Jose Antonio Abad, que nos ensinou a estupenda conexión da boa lectura en conexión coa música. Toda unha xoia de arte.
Tamén tivemos apadriñamentos, lecturas en familia e  obradoiros de monicreques para contacontos.
Deixámosvos cunha pequena presentación para ver o que fixemos.
Moitas grazas pola colaboración de toda a comunidade educativa que fixo posible o desenvolvemento deste mes cheo de lecturas.

Hecho con Padlet

26/4/25

PLANETARTE

 



  Para dar comezo ao mes de abril, con lecturas e libros mil, Raioteca agasallounos cun máxico , espacial e musical libro, titulado Os Planetas , escrito por Jose Antonio Abad e ilustrado por Antonio Seijas.

O libro trata sobre un neno que dorme profundamente e viaxa polo sistema solar nos seus soños. Ao ritmo da música de Holst, visitarás cada un dos planetas, descubrindo as súas características e as dos deuses que lles puxeron nome nunha viaxe a medio camiño entre a realidade e a fantasía.
Resultou unha xornada educativa, musical e lectora fantástica!!!
Moitas grazas a Jose Antonio Abad, autor deste máxico libro, por compartir con nós a súa experiencia e o seu bo saber.

Deixámosvos co podcast que a rapazada decidíu elaborar, coa información e a música desta xoia lectora, para darlle visualización ás diferentes características dos planetas e a relación coa música do compositor Holst. 


Feliz lectura e escoita musical!!!
                                              Magnífico traballo!!!  

4/4/25

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL-2025


Para dar visualización ao día internacional  do libro infantil e xuvenil, veu ao noso centro,este xoves 3 de abril,  un artista plástico e ilustrador chamado Pablo Otero, que fixo dous obradoiros a algúns cursos de primaria.

Un dos obradoiros consistía en crear obxectos novos con materiais reciclables.

Por outra banda, o obradoiro final chamábase Liso-Rizo, e consistía en facer dous equipos, con dous tipos de cartas, e 3 xogadores no campo de xogo. Xirábase unha ruleta, para decidir que tipo de carta tocaría. As vermellas eran cartas de facer algún tipo de acción, e as negras de cultura xeral. 

Finalmente, firmou no noso libro de ouro xunto a un debuxo artístico.

Resultou unha magnífica xornada artística!!!


21/3/25

DÍA DA POESÍA- 21 DE MARZO 2025




Gozade deste primeiro recital , pois para a semana vindeira teremos máis!!!

Poesía para el pobre, poesía necesaria

como el pan de cada día. 

                              GABRIEL CELAYA


Un rato díxolle á lúa:

-Nunca reparas en min

por iso vivo na rúa

metido nun calcetín. 

"Honorato o rato namorado"

                       ANTONIO TEIJEIRO

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails