26/10/19





REPRESENTACIÓN DE 

"SEMENTES DE PAPEL"

 TEXTOS E ILUSTRACIÓNS 

Bea e Silvia Gil


Este magnífico conto, ensínanos o importante que é coidar o noso PLANETA, facendo un bo uso do PAPEL, para deste xeito concienciar de non cortar árbores sen control algún.

A súa mensaxe é extraordinaria e desexamos que con ela, todos e todas poidamos mentalizarnos da importancia dos bosques, pois son os nosos pulmóns, que debemos coidar e mimar sempre. 

O pasado 18 de outubro , o alumnado de 5º de Primaria, prantou unhas excelentes sementes para concienciar ao alumnado e profesorado da importancia dos nosos bosques, a través da    representación  deste fermoso conto.

Fixérono moi ben!!!

Para que estas sementes xerminen correctamente, debemos seguir mimándoas con moita conciencia e cariño para conseguir un Planeta mellor.


Ánimo, está nas nosas mans!!! 

PD: Grazas a Iván e Lucía, que presentaron o conto.




MOCHILAS VERDEMÁN

Este curso 2019/2020 as MOCHILAS VIAXEIRAS transformáronse en MOCHILAS VERDEMÁN, pois como ben todos e todas xa sabedes, o noso Proxecto de centro está relacionado coa RECICLAXE, polo que precisamos que as familias aportedes información de moitas cousas relacionadas coa temática, que pouco a pouco teredes que traernos na mochila verdemán.


Moitas grazas FAMILIAS pola vosa colaboración!!!

PARABÉNS ao alumnado e profesorado de 1º e 2º dePrimaria, 
que representou o conto "Capitán Verdemán" con moita creatividade e entusiasmo.
E non quero esquecer aos presentadores dese día: Pau, Dafne e Iria que o fixeron moi ben.


OBRADOIRO DA RADIO OUTUBRO 2019

OLA DE NOVO , RADIOOÍNTES!!!


O PASADO MES DE OUTUBRO TIVEMOS , COMO BEN SABEDES OS BIBLIOTECARIOS/AS

 DE 5º E 6º DE PRIMARIA, UN GRATIFICANTE E PRODUTIVO OBRADOIRO DA RADIO, 

ONDE ESTIVEMOS PRANTANDO MÁIS SEMENTES DE ORALIDADE, PARA NESTE 

CURSO 2019/2020   FACER OS NOSOS DIRECTOS NA HORA DO RECREO.

SOAMENTE ESPERO COMO MASCOTA DA VOSA RADIO, QUE TODOS E TODAS 

PASEDES POLO NOSO ESTUDO DE GRAVACIÓN E  APRENDADES DESFRUTANDO 

DESTA  FERRAMENTA TAN  EDUCATIVA  E MOTIVADORA.

 Micros todos abertos,

na radio Lorolareto,

para soñar espertos,

dende as ondas do Eume.

PD:  Esquecía decirvos, que esta semana vindeira xa faremos radio no noso novo estudo.


SEMENTES DE PAPEL - PDI 2019/2020

------ ------ ------PDI CURSO 2019/ 2020


CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADE 

 BIBLIOTECA
"SOÑOS DE ANDEL"

Ola rapazada!!!

        Neste curso, vouvos propoñer unha tarefa "MOI IMPORTANTE" que trata

        sobre a   RECICLAXE e coidado do noso PLANETA.

       Por iso como xa todos e todas sabedes, este curso presenteivos a un novo amigo 

       que sabe moito de como reciclar;  a que xa sabedes de quen vos estou a falar?


Abofé que si!!! 
O meu amigo Capitán Verdemán
el é todo un superheroe da reciclaxe,
onde ten moi claro que 
para o Planeta salvar,
en  CLAVE "R" 
debemos pensar.



Esperamos , tanto eu como o meu amigo, que aprendamos moito e poñamos en acción 

todo o coñecemento que vaiamos aprendendo, para este problema da contaminación, 

quentamento global, cambio climático,... poidamos mellorar e ao noso Planeta salvar.

Ánimo e moitas gañas !!!

26/6/19

LECTURAS VERÁN 2019

Raioteca agasállanos cunha refrescante 
guía de lecturas de verán.
Boas vacacións a tod@s, e felices lecturas



25/6/19

 

DESPEDIDA DOS BIBLIOTECARIOS E BIBLIOTECARIAS

 

Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!!!

Espero que a rapazada de 5º volva a esta nosa biblioteca con moito entusiamo, para seguir facendo tarefas que promocionen a lectura e todo o máxico que ten unha biblioteca, e ademais, participando e colaborando na nosa Radio Lorolareto, para mostrar dende as ondas do Eume, o traballo que se fai dende o colexio.

Por outra banda, dar as grazas e a despedida a todo alumnado de 6º que se vai para Secundaria.Espero e desexo que continúen sendo bibliotecarios e que aquí está a vosa biblioteca e a vosa radio. 

Bo camiño!!!

 


  LETRAS GALEGAS 2019 

ANTONIO FRAGUAS

Ola a todos e a todas, aquí vos deixo o traballo que elaboráchedes polo día das Letras Galegas, adicadas a Antonio Fraguas.

Grazas a toda a rapazada que colaboráchedes, poñendo o voso entusiamo e as vosas voces, para deixar constancia das cancións populares, tan típicas  nas romerías, alboradas,etc... de toda Galicia.

NON DEIXEDES DE CANTALAS!!!


28/5/19

CANTIGAS FLORIDAS DA BISBARRA DO EUME


Ola a todos e todas!!

Eu son Lorolareto, polo Día dos Maios, decidimos facer este Podcast cheo de cantigas tradicionais galegas da nosa bisbarra do Eume, e interpretadas por nós.
Neste colexio, é tradición facer unha alfombra con flores silvestres que os rapaces e rapazas, traen da súa casa.
Este curso adicárona ás Fragas do Eume, porén na alfombra aparece o Río Eume, xunto co Mosteiro de  Caaveiro, e como animais significativos das Fragas, o Reo e a Troita, esta última apenas déixase ver.
Lembrade que é moi importante que estas cantigas non se perdan, por iso debedes animar a vosa familia para cantalas, pois vós xa as cantades como verdadeir@s artistas.


  ESPERO QUE VOS GUSTE!!

MILLADOIRO- "Aires da Terra" CD2- 4. MUÑEIRA DE PONTESAMPAIO

27/5/19

MES DAS LETRAS









Ola a tod@s, neste MES DAS LETRAS temos dúas celebracións, comezaremos polo día dos MAIOS!
Neste día, todo o colexio participou para facer unha alfombra chea de color, relacionada co noso proxecto FREDERICK NAS FRAGAS DO EUME.




Que non se nos esqueza o DÍA DAS LETRAS, 17 de maio, no que este ano adicamos a ANTONIO FRAGUAS, que moitos de vos teredes que saber quen é.
Este ano, cada curso fixo unha presentación sobre diferentes temas da vida de Antonio Fraguas, e os máis pequerrechos, deleitáronnos cunha obra de teatro, titulada "O CASAMENTO DA  PULGA E A MOSCA".




2/5/19


         



   Aquí estou de novo, para presentarvos o Podcast do

DÍA DO LIBRO

Espero que vos guste!!!


Moitas grazas, aos locutores, Uriel e Ana; ás técnicas, Claudia e Sofía, e por suposto a todo o alumnado que participou neste programa, dende os máis pequerrechos ata os maiores. 
Sen a vosa ilusión non sería posible. 

DESFRUTÁDEO!!! 



MÚSICA: - Luar na Lubre- CABO DO MUNDO

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails