28/11/15

25N, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores 25 celebramos no colexio o Día contra a Violencia de Xénero.
Enlazando coa temática do noso PDI (A cultura popular do lugar onde vivimos) o alumnado de 5º e 6º curso de primaria fixeron a representación teatral da adaptación dunha lenda da nosa zona: "A Lenda de Roxín Roxal". A súa protagonista Tareixa foi obrigada a casar, pero é que hoxe en día, ao igual que Tareixa, todavía hai moitas mulleres e incluso nenas que son obrigadas a casar. Isto levounos a reflexionar e investigar sobre a situación das mulleres nalgúns países do mundo e tamén en España.








Como é costume no noso cole para rematar cantamos unha cantiga popular titulada "Eu queríame casare".

Se clicas neste enlace podes acceder a unha proposta de actividades para Educación Primaria elaborada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:

27/11/15

DÍA DO PEÓN

Baixo o lema: “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, o día 11 de novembro celebramos no colexio o Día do Peón. En todas as aulas proxectamos unha presentación explicativa, e ás 12.30h xuntámonos no patio para bailar o peón. 
Resultou unha actividade moi divertida e aprendimos un montón: 

  • As orixes do peón.
  • Fabricación.
  • Tipos.
  • Como xogar?
  • Xoguete universal.
  • E referencias para ampliar información.



14/11/15

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como:


Na nosa Biblioteca ao longo deste mes de Novembro estamos levando a cabo un proxecto titulado:

"A Ciencia sae aos corredores"

con exposicións semanais de libros de ciencia en galego e o incremento de dotación do noso recanto das ciencias, que está a disposición de todo o alumnado do Centro, e que pensamos que ven a suplir a falta dun laboratorio no colexio. Tamén divulgamos entre o profesorado un enlace dos libros de ciencia en galego: AQUÍ.
Deixámosvos unha reportaxe fotográfica sobre o tema:


12/11/15

MUSEO DO HUMOR DE FENE E TEATRO DE NARÓN.




O día 11 de novembro visitamos o MUSEO DO HUMOR en Fene. Centrado no humor gráfico, é o único do seu xénero que hai no país. Entre os seus fondos encóntranse orixinais de humoristas como Xaquín Marín, Siro, Chumy Chúmez, Máximo, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa. Tamén aproveitamos para ir ao teatro a Narón para ver a obra "Jim e a Illa do Tesouro" de Jokin Oregi.

7/11/15

VIII FESTA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME.


O xoves 29, celebramos no colexio a "VIII Festa da Froita Autóctona do Eume", en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
Neste curso esta celebración xirou entorno ao tema do noso PDI "A Cultura popular do Lugar onde vivimos".
En E. Infantil, os nenos e nenas de 5 anos recitaron unhas retahilas referentes ás castañas, despois entre todos os cursos de Infantil cantaron a canción "O MAGOSTO ", para rematar repartindo castañas asadas. Neste enlace atoparedes unha estupenda reportaxe de todo o que traballaron nas aulas de Ed. Infantil.
O 1º e 2º curso de primaria foron os encargados de explicarnos e facernos unha demostración da Vendima, aquí os tedes en plena actuación.
O alumnado do 3º e 4º curso de primaria encargáronse da recompilación e elaboración de receitas
con froitas da nosa zona. Cada curso encargouse de cociñar dúas desas receitas. Fixeron tamén unha presentación moi interesante coa información que recolleron sobre os distintos froitos que empregaron na súa elaboración.




Os alumnos e alumnas de 5º e 6º recompilaron información ao redor do Magosto, o Samaín e a Esfollada. Quixeron coñecer cales eran os costumes na nosa zona perante estas festas e por iso preguntaron aos avós, pais, nais, veciños e familiares. Tamén investigaron sobre as lendas e historias que se contan na bisbarra. A partires do recompilado fixeron unha pequena representación teatral sobre o tema, aínda que descubriron moitas máis cousas que xa nos irán contando.
en 6º curso centráronse no Magosto e Samaín e no 5º curso na Esfollada.


Despois pasamos á entrega dos agasallos ás cestas de froitas e a todos aqueles que decoraron unha cabaza que pasou a formar parte dunha fantástica exposición.

Xa para rematar cantamos todos xuntos a canción do "Magosto":





Neste enlace tedes acceso aos vídeos desta celebración: 


27/10/15

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2015

O día 23 xuntámonos no Recanto dos Contos para celebrar o "Día das Bibliotecas".
Primeiro limos unha carta que nos enviou a nosa mascota, Raioteca,  AQUI

Despois un grupo de alumn@s de 6º curso fixeron a lectura dun precioso conto : “Letras al carbón”,
Quixemos coa súa lectura, facerlles unha homenaxe aos mestres e mestras que nos ensinaron as primeiras letras e darlles as grazas por descubrirnos o mundo da lectura.

Os compañeiros de 4º e 5ºcurso fixeron unha regueifa (versos a varias voces, típicos da cultura popular galega)  xogando coas vogais: "Cando eu saiba ler" do libro-disco "O año pitaño"

E para finalizar cantamos todos xuntos unha canción ben divertida: “O Bibliotecario Don Ramón”.





Raioteca entregounos un agasallo: un fantástico marcapáxinas.


Neste enlace tedes acceso ao vídeo desta celebración:


26/10/15

COLABORADORES DE BIBLIOTECA

Neste curso 2015/2016 contamos cun bo número de colaboradores na Biblioteca. Tiveron que asinar un compromiso, recibiron unha identificación e os turnos para este primeiro trimestre.
Se tedes algunha dúbida podedes consultar AQUÍ.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!



INICIAMOS UNHA NOVA ANDADURA.

Iniciamos este curso coa ampliación da Biblioteca que anexionamos coa aula de informática. Agora temos moitos máis ordenadores con conexión a internet que estarán a nosa disposición dentro da Biblioteca.
Na segunda quincena do mes de outubro, todo o alumnado do colexio visita a nova Biblioteca para recordar as normas de uso, horario, empréstitos, distribución dos espazos, presentación do novo equipo de alumnos/as colaboradores, club de lectura, hora de ler...
 Raioteca tamén informa de que ademais na Biblioteca podemos escoitar e ver contos, ver películas (de forma autónoma na zona multimedia), navegar por internet (na zona informática), que temos unha zona de xornais e revistas e un novo espazo web que irá recollendo todas as novidades que entran na nosa Biblioteca. Aquí deixamos unha presentación que recolle os puntos que tratamos neste acto de "Apertura da Biblioteca":





25/10/15

DOCUMENTOS PROFESORADO



Antes das xuntanzas de apertura da Biblioteca co alumnado de todos os cursos, temos unha reunión cos mestres, na que lles informamos de que no lateral do blog, poden atopar un apartado que recolle todos os documentos de interés relacionados co funcionamento da Biblioteca e outros aspectos, como ALFIN ou traballo por proxectos.




Tamén se informa de que neste curso creamos un espazo web no que iremos recollendo todas as novidades que entren na nosa Biblioteca, clicando na imaxe pódese acceder:

NOVIDADES E SUXESTIÓNS.


Ademais tamén dispoñen dos enlaces a uns acordos do profesorado, que se adoptaron como resultado dun PFAC (Proxecto de Formación en Centros), en relación a lectoescritura e TICS:




Este curso tamén creamos un espazo web no que iremos recompilando os traballos de investigación dos diferentes cursos en relación ao noso PDI: 
"A cultura popular do lugar onde vivimos"
(Pódese acceder premendo na imaxe)

A CULTURA POPULAR DO LUGAR ONDE VIVIMOS.



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails