Primeiro limos unha carta que nos enviou a nosa mascota, Raioteca, AQUI
Despois un grupo de alumn@s de 6º curso fixeron a lectura dun precioso conto : “Letras al carbón”,
Quixemos coa súa lectura, facerlles unha homenaxe aos mestres e mestras que nos ensinaron as primeiras letras e darlles as grazas por descubrirnos o mundo da lectura.
Os compañeiros de 4º e 5ºcurso fixeron unha regueifa (versos a varias voces, típicos da cultura popular galega) xogando coas vogais: "Cando eu saiba ler" do libro-disco "O año pitaño"
E para finalizar cantamos todos xuntos unha canción ben divertida: “O Bibliotecario Don Ramón”.
Raioteca entregounos un agasallo: un fantástico marcapáxinas.
Neste enlace tedes acceso ao vídeo desta celebración:
No hay comentarios:
Publicar un comentario