A rapazada de 2º de Primaria, foi ao paseo de Pontedeume, invitado polo Concello, para celebrar unha sementeira de versos, onde cada neno/a levou a súa flor cun poema que puxo no campo , para que eses versos sementados percorran a natureza . Tamén, leron un poema.
Foi toda unha experiencia!
Todo o alumnado , estivo creando poesía e arte con versos: caligramas, pareados, etc...
Deixámosvos cunha montaxe onde podedes ver unha pequena mostra do que se estivo a facer.
Bos días, no noso colexio todos os cursos estivemos a facer unhas fabulosas caixas con moita información das galegas nas artes para celebrar o Día da Muller - 8M.
Cada curso fixo unha diferente.
Neste caso 4º Ed.Infantil fixo a unha magnífica ilustradora e profesora de debuxo e plástica chamada Abi Castillo.
E os nosos nenos de 5º Ed.Infantil fixeron as magníficas e fabulosas cantantes galegas, As Tanxungueiras!
Os nenos e nenas máis maiores de Infantil fixeron a Rosalía de Castro unha poeta e escritora que case todos coñecemos.
1º Ed.Primaria fixeron a Maruja Mallo unha marabillosa pintora.
Continuamos con Luz Casal que é unha fabulosa cantante; neste caso encargouse o alumnadode 2ºEd.Primaria.
Os nenos e nenas de 3º/4º de Ed.Primaria prepararon unha magnífica caixa de Lucía Freitas, unha boa cociñeira con unha estrela Michelin en dous restaurantes.
Os nenos e nenas de 5º de Ed.Primaria colaboraron cunha caixa de Guadi Galego que é unha música moi famosa.
Nós, os nenos de 6º de Ed.Primaria fixemos a Concepción Arenal foi unha experta xurídica, pensadora, xornalista, poeta e autora dramática española.
Por aqui abaixo vos deixamos varias actividades relacionadas con este día.
Desfrutade do vídeo que algún alumnado, xunto con mulleres da súa vida, realizaron para visualizar os seus traballos como mulleres.
Moitas grazas a todas pola vosa magnífica colaboración.
#ASMULLERESDAMIÑAVIDA
Cuña publicitaria do noso traballo, elaborada pola nosa rapazada de 6º de primaria.
Este pasado xoves 9 de marzo , tivemos unha baixada a Pontedeume, para coñecer de primeira man , o mercado, a súa historia, os seus produtores e produtos de cercanía, e tamén coñecer no Gadis, os diferentes etiquetados e alimentos saudables que debemos ter en conta para poder coidar a nosa saúde.
Foi toda unha experiencia, que rematou no paseo marítimo para facer unha observación de diferentes especies de paxaros que habitan ou están de paso na nosa contorna.
Deixámosvos cunha montaxe , onde podedes comprobar os sitios que visitamos.
Agradecemos a colaboración de todas as persoas que fixeron posible que a nosa aprendizaxe da contorna, fora moi educativa e formativa.
Hoxe a rapazada de 6º e de 5º de Primaria, quixo visualizar e dar oralidade ao poema de Rosalía:
"Miña casiña, meu lar"
Fixeron un podcast, onde toda a rapazada de 5º e 6º de primaria recitou conxuntamente este entrañable poema.
No comedor do noso centro, que leva unha empresa, participou nesta conmemoración facendo o Caldo de Gloria, do que falaba Rosalía nesta súa poesía. Podedes ver unhas fotos da rapazada degustando este caldo.
Que pracer, poder desfrutar deste magnífico alimento, que tantas bocas nutriu.
Neste Entroido 2023, a rapazada do noso colexio foi ataviada con disfraces relacionados co noso proxecto , froitas, hortalizas,animais,labregos, seres fantásticos da Natureza ( hobby).
Mais antes disto, a nosa Meca e o noso Meco, ambos engalanados coas súas mellores galas, fixeron os mandatos, para o alumnado e profesorado .
Toda unha festa carnavalesca!!!
O venres 17 de febreiro, tivemos festa de entroido por todo o alto, disfraces, doces de entroido, regueifa, música, zancudos,etc... onde mestres, alumnado e familias desfrutamos todos xuntos dunha espectacular xornada.
Moitas grazas, a todos e a todas pola colaboración e participación!
Este xoves 16 de febreiro tivemos unha grata visita no noso colexio. Emma, unha nena con Síndrome de Angelman, para a que estamos a recoller tapóns para poder axudala.
Foi estupendo poder escoitar a experiencia da familia, para concienciarnos das dificultades desta enfermidade e ademais movilizar ás persoas e estimular a recaudación de fondos para destinar recursos á investigación desta enfermidade rara.
Moitas grazas a esta familia por vir ao noso centro, para visibilizar este síndrome e concienciar a toda a comunidade educativa da axuda que precisan.
Agora vos deixamos un pouco de información sobre esta enfermidade rara.
Dende o ano 2013 cada 15 de febreiro, celébrase o Día Internacional do Síndrome de Angelman.
É unha data na que se aproveita para dar a coñecer este trastorno neuroxenético grave, é unha condición pouco común que a padecen unha porcentaxe pequena da poboación no mundo.
Coa celebración do Día Internacional do Síndrome de Angelman, se busca sensibilizar á sociedade sobre este padecemento que ten orixen xenético, e recaudar fondos para que existan maiores recursos educativos para avanzar nas investigacións sobre a enfermidade e tratar de encontrar unha cura.
É un trastorno descoñecido pola gran maioría da sociedade, foi definido por primeira vez polo pediatra británico Henry Angelman, de alí provén o seu nome. A súa orixen é xenética e é causado pola pérdida dunha parte do Cromosoma 15.
Bo día rapazada, hoxe estamos de novo nas ondas do Eume para informarvos sobre o programa do día mundial da radio e da paz.
Este ano a UNESCO decidiu xuntar estes dous días, e por iso decidimos grabar un podcast conxunto con todos os cursos do noso colexio. Engadindo algunha que outra canción e outros motivos relacionados co día da paz. Esperamos que vos guste moito e que o disfrutedes!!!
Lembrade , a paz por diante de todo !!!
Parabéns a toda a rapazada do noso centro, pois fixo un traballo extraordinario.
Parabéns á rapazada de sexto, que foi a anfitriona para levar este programa, cheo de diferentes e diversas seccións, onde elaborou , gravou, editou e fixo posible este podcast , ademais dos carteis, exposición de libros, etc,...
O xoves 13 de xaneiro chegounos a Maleta Naturalista, que eu Raioteca solicitei ao CEIDA( Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), para que a rapazada do noso centro poidese aprender moitas cousas sobre o noso Patrimonio Natural.
A rapazada de 5º de primaria foi a embaixadora de presentar todos os libros viaxeiros do Patrimonio Natural que levaba dentro.
Fixeron un traballo magnífico, pois organizaron as quendas para telas nas aulas nos diferentes días, ata a súa entrega de novo ao CEIDA, para que poida viaxar de novo por diferentes colexios e contaxiar deste xeito no coidado da Natureza.
Parabéns rapazas e rapaces!!!
Este mes de xaneiro, o noso alumnado xunto coas súas familias recomendaron zonas naturais que podemos visitar na nosa contorna, algo moi relacionado co coñecemento desta maleta Naturalista.
Un ano máis estamos aquí para preparar o noso día da Paz , que coma sempre é o día 30 de xaneiro; mais este ano celebrarémolo conxuntamente co día da Radio , que se celebra todos os anos o 13 de febreiro .
A rapazada de 6º de primaria, está a preparar o programa coas diferentes seccións que serán elaboradas polos diferentes cursos, dende infantil ata 6º de primaria.
Tamén fixeron unha exposición de libros pola Paz, e xa estiveron traballando na decoración do cartel para a celebración de ambas efemérides.
Son magníficas e magníficos ARTISTAS!!!
Moi bo traballo rapazada!!!
* Cando teñamos o noso Programa rematado, subirémolo ao blog para que desfrutedes del.
Seguindo cos vídeos familiares, este mes non poderiamos empregar unha temática distinta ao Nadal. Por este motivo, alumnos/as e familias do noso centro explícannos que tradicións seguen nestas datas tan especiais.
Queredes ver qué decoracións e actividades tan divertidas prepararon nas núas casas?
Pois non vos demoredes máis e desfrutade destes magníficos vídeos familliares!
Agradecementos ás familias pola súa colaboración neste educar conxunto, tan importante e significativo para o alumnado.