18/2/20




      

 "A DIVERSIDADE VISTA

   DENDE 

    A FIESTRA DA ORALIDADE"

 Parabéns a toda a rapazada participante!!!

Desfrutade en familia destas vosas creacións feitas co gallo  do Día Mundial da Radio, cuxo tema este ano 2020, é a DIVERSIDADE.



  Ola rapazada!!!  Estamos de novo no Día Mundial da Radio. E como xa sabedes dende a nosa Radio escolar ,Radio Lorolareto, tamén puxemos o noso grao de area para que este medio de comunicación siga medrando polas diversas ondas do mundo.

O tema deste ano é:

 "A Radio e a Diversidade"

Nós, dende a Radio Lorolareto, propuxemos tres achegas diferentes de DIVERSIDADE:

1.UNHA CHEA DE RAPAZADA,cun radioteatro, onde participaron nenos/as de todos os cursos, co libro "Orellas de Bolboreta".

2.UNHA CHEA DE FAMILIAS, cun radioteatro, onde a rapazada de 3º e 4º de primaria, fixeron radioteatro co libro "Unha chea de familias".

3.UNHA CHEA DE CULTURAS,onde o alumnado de 2º de Primaria, adicaron un breve relato do conto "La cometa de los sueños", a un compañeiro de acollida que é ucraniano, e que este curso pasado estivo un mes na súa clase. 

Deixámosvos co programa que fixemos o día da radio en directo, para que poidades desfrutar deste magnífico programa.

Agradecer aos locutores Nerea e Mateo e aos técnicos Ivi e Aaron, a súa labor neste día tan importante para a comunidade educativa.

Apertas de DIVERSIDADE 

dende a fiestra da ORALIDADE.

  


Músicas:  "SÂO SIMÂO" E "DE BOM PARECER".
Grazas a PNO ( Ponte nas Ondas) por aportar estas músicas sen dereitos de autor para usar na nosa radio.

DÍA DA PAZ

Neste 30 de xaneiro, para conmemorar o día internacional do Día da Paz, Raioteca agasallounos cun libro espectacular escrito por Paula Merlán , Pilar  López Ávila e ilustrado por Concha Pasamar.

Cada curso preparou un papaventos , onde contaban os soños de diferentes nenos e nenas do Mundo: Exipto, Ucrania, Portugal, Amazonia, Madagascar, Haiti. 

Cada papaventos tiña os soños nas tres linguas: castelán, galego e inglés.

Tamén fixeron un papaventos cos soños da rapazada do noso colexio.

Abofé que foi todo un descubrimento este libro que está feito de Papel de Pedra.


Esperamos que os soños de TODOS e TODAS poidan facerse realidade.

APERTAS DE ESPERANZA,

que voan polo MUNDO 

co  Papaventos dos Soños.



13/1/20

Contos e Música do ceo, da terra e do mar



Este vindeiro 21 de xaneiro, ás 12.30 da mañá, teremos o pracer de desfrutar do espectáculo de contacontos :

Contos e Música do ceo, da terra e do mar


Espectáculo levado a cabo polo grupo Musicrequesformado por dúas fantásticas profesoras de piano, Alma e Loreto, dende o ano 2012.


O fío condutor do espectáculo é o respecto á natureza e á importancia da reciclaxe.


*Déixovos un enlace ó seu blog, por se queredes saber máis.


21/12/19



 DÉIXOVOS UNHAS FOTOS E VÍDEOS DESTES DOUS ÚLTIMOS DÍAS DE DECEMBRO, ONDE AS PANXOLIÑAS E A MÚSICA ENCHERON O NOSO  MÁXICO COLEXIO.




                    

RECOMENDACIÓNS DE NADAL 2019



Neste Nadal 

IMAXINADE, CREADE e LEDE  

en FAMILIA.

           Atoparedes máxicas palabras,

      que vos farán soñar.

 

                

15/12/19

"VISITA Á AULA DE ECOLOXÍA URBANA DE FERROL E O MUSEO SGHN"

Neste trimestre o alumnado do noso colexio CEIP Plurilingüe de Andrade, foi a obradoiros de concienciación do MEDIO AMBIENTE, na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, onde realizaron actividades de reciclaxe, e de concienciación do coidado do MEDIO AMBIENTE.

O alumnado de 4º, 5º e 6º crearon slogans e o alumnado de 1º, 2º e 3º realizaron un obradoiro de reciclaxe de papel coa creación dunha libretiña.

O alumnado de 6º de Primaria saíu no xornal da Voz de Galicia, cando estaba a realizar o obradoiro " A túa idea conta" na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, o pasado martes 10 de decembro.
Foto: I. Valerio
Cambio climático
El aula municipal de Ecoloxía Urbana ubicada en el Cantón desarrolla una intensa actividad durante el curso. La bióloga Cris López y la ambientalista, Alba Nebril, ejercen como educadoras ambientales y reciben tanto a niños como adultos de martes a domingo. Esta semana ha sido un poco especial por la coincidencia con la edición número 25 de la Cumbre del Clima celebrada en Madrid y que ha abordado la crisis climática ahondando en la búsqueda de soluciones para mitigar y contrarrestar los peligros que este fenómeno ocasiona. Sobre esos asuntos trabajaron ayer con alumnos del CEIP de Andrade, de Pontedeume, que realizó una visita programada al aula. El profesor, Diego Fernández Carballeira, acompañaba a los alumnos de sexto de primaria que están involucrados en un proyecto ecológico que se desarrolla transversalmente en el centro. Pero en el aula del Cantón también los adultos muestran interés por el medio ambiente y participan en los talleres de reutilización de materiales y de cosmética natural que periódicamente organizan. El aula está abierta de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 18.00 horas y las educadoras señalan que cada vez tienen más demanda todas las actividades relacionadas con el cambio climático.
Déixovos o enlace  da noticia publicada o día 11 de decembro de 2019 na Voz de Galicia


 *En breve subiremos un PODCAST das experiencias deste día cultural, para a conciencia do medio ambiente.

Como remate da saída, fíxose unha visita cultural e moi interesante ao MUSEO da SOCIEDADE GALEGA  de HISTORIA NATURAL ( SGHN). 


FOI TODA UNHA EXPERIENCIA !!! 


A rapazada estivo moi motivada e atenta a todas as novidades naturais, que naquel museo foron descubrindo.

Déixovos algunhas fotos do museo, para que as desfrutedes coas vosas familias!!!


O PAÍS DOS MANDÓNS

OLA DE NOVO!!! 

Aquí estou  para falarvos  do que fixo o alumnado de 6º de primaria, dende a biblioteca , para conmemorar o día da NON VIOLENCIA DE XÉNERO deste ano.
O pasado xoves 5 de decembro ,estes artistas de 6º  fixeron un teatro lido,  do conto moi coñecido de Paloma Rodríguez
  " O PAÍS DOS MANDÓNS".


Abofé que foi todo un éxito!!!







En breve, subiremos ao blog o vídeo, para que desfrutedes desta fantástica posta en escena.

Por certo! A autora do libro, PALOMA RODRÍGUEZ, estará connosco en MARZO. Que gustazo será tela aquí no noso colexio, e poder exprimir toda a súa sabiduría.


EDUCACIÓN VIARIA NA NOSA BIBLIOTECA

O PASADO 28 DE NOVEMBRO TIVEMOS A VISITA DA POLICÍA LOCAL DE PONTEDEUME, PARA CONCIENCIAR AO ALUMNADO DA IMPORTANCIA DE TER UNHA BOA  FORMACIÓN VIARIA .


O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria , asistíu á nosa biblioteca con entusiasmo para unha charla de concienciación viaria; onde a través dunha presentación de dous policías locais , aprenderon e reforzaron o seu coñecemento sobre educación viaria.
Abofé que xa sabían moito, pero estiveron moi atentos e involucrados na actividade, onde o que máis lles gustou foi facer a comprobación dos tests de alcoholemia.
Finalmente, a policía local deixóulles unha folla de rexistro de infraccións para facer un seguimento de todos os incumprimentos  que poidan observar no día a día , con respecto á EDUCACIÓN VIARIA na súa contorna.

*Grazas á Policía Local polo seu traballo, en especial por esta formación de educación viaria no noso colexio.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO -- 25 N

O 25 de novembro, co gallo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A  VIOLENCIA DE XÉNERO, o alumnado de 5º de Primaria agasallounos cun microrelato versionado  en galego dun libro moi coñecido:

"¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"

 

Grazas ao alumnado de 5º de Primaria.


MÚSICA: Grandes intérpretes- Violonchelo

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails