18/2/20

  Ola rapazada!!!  Estamos de novo no Día Mundial da Radio. E como xa sabedes dende a nosa Radio escolar ,Radio Lorolareto, tamén puxemos o noso grao de area para que este medio de comunicación siga medrando polas diversas ondas do mundo.

O tema deste ano é:

 "A Radio e a Diversidade"

Nós, dende a Radio Lorolareto, propuxemos tres achegas diferentes de DIVERSIDADE:

1.UNHA CHEA DE RAPAZADA,cun radioteatro, onde participaron nenos/as de todos os cursos, co libro "Orellas de Bolboreta".

2.UNHA CHEA DE FAMILIAS, cun radioteatro, onde a rapazada de 3º e 4º de primaria, fixeron radioteatro co libro "Unha chea de familias".

3.UNHA CHEA DE CULTURAS,onde o alumnado de 2º de Primaria, adicaron un breve relato do conto "La cometa de los sueños", a un compañeiro de acollida que é ucraniano, e que este curso pasado estivo un mes na súa clase. 

Deixámosvos co programa que fixemos o día da radio en directo, para que poidades desfrutar deste magnífico programa.

Agradecer aos locutores Nerea e Mateo e aos técnicos Ivi e Aaron, a súa labor neste día tan importante para a comunidade educativa.

Apertas de DIVERSIDADE 

dende a fiestra da ORALIDADE.

  


Músicas:  "SÂO SIMÂO" E "DE BOM PARECER".
Grazas a PNO ( Ponte nas Ondas) por aportar estas músicas sen dereitos de autor para usar na nosa radio.

No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails