CANDO CHEGA A CANDELORIA, CASAN OS PAXARIÑOS
Durante estas semanas de febreiro temos no noso colexio , unha exposición sobre paxaros e xogos, para poder coñecer caraterísticas e peculiaridades destes animais, que se atopan na nosa contorna.
Grazas a Asociación Néboa, por compartir estes materiais tan interesantes connosco, e que resultarán magníficos para estudar sobre os ecosistemas da nosa contorna.
Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra;
que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar".






No hay comentarios:
Publicar un comentario