No cole de Andrade, este ano celebrámolo baixo o lema: APERTAS DE PAZ
En cada curso adicaron, unha aperta de PAZ para...
Ese día xuntámonos tod@s no recanto dos contos, unha doutora moi especial explicounos a orixe das apertas e ensinounos, que con apertazol e moito agarimo, tiñámolo moi fácil. Tamén falamos da "verdade sobre as apertas" e cantamos a canción "A rumba das APERTAS". Enlace ao vídeo AQUÍ.
Recibimos a visita da TVG que nos fixo unha fantástica reportaxe. Moitas grazas.
Foi unha celebración moi especial e pensamos que non debería quedar só nun día.
Felices APERTAS!!!
Á entrada do colexio decoramos os taboleiros con todos os nosos desexos de PAZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario