30/1/11

OS SETE CABALEIROS DE CORES.

As alumnas e alumnos de 5º curso representaron no "Día da PAZ" unha peza teatral titulada:

"OS SETE CABALEIROS DE CORES"

Con ela fixéronnos ver que uns dos valores máis importantes para ter un mundo feliz son a SOLIDARIEDADE e a TOLERANCIA, que sendo todos diferentes, sempre temos algo que aportar e que temos que ver esas diferencias como algo positivo e enriquecedor.

Que cores tan diferentes e que fermosos todos xuntos!!!

Se queres acceder á obra de teatro escrita, preme aquí.

A reportaxe fotográfica:


Parabéns a eses actores e actrices polo seu fantástico traballo!!!

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Os nosos parabens aos magníficos mediadores que achegan aos mais pequenos uns valores sen os que a Paz è imposible.
Apertas dende Fene

MIK dijo...

Parabéns aos actores e actrices e ao profesorado que fai posibles fermosas iniciativas.
Bicos desde Vigo

olga dijo...

Parece que coincidimos en festexar o Día da PAZ reflexionando sobre os valores que conducen a ela.
Quero pensar que estes nenos e nenas contribuirán a facer un mundo millor, máis tolerante e máis solidario. Un mundo en PAZ.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails