24/12/10

O NOSO NADAL.


O mércores 22, todo o alumnado do colexio participou na representación dunha obra de teatro relacionada co proxecto: "O Lugar onde vivimos".
Previamente, a profe Ánxeles tivo unha reunión cós alumnos e alumnas que temos no centro, e que proceden de catro concellos distintos : Pontedeume, Miño, Vilarmaior e Monfero, e elaborou un listado coas personaxes que os nenos e nenas consideran máis representativas na súa zona: mecánicos, perruqueiras, alcaldes, peixeiras, floristas, fontaneros... Cada alumno/a representou a unha desas personaxes nunha visita ao portal de Belén para facerlle un agasallo ao neno. Ademais un coro formado por alumnas e alumnos de diferentes cursos cantaron fermosas panxoliñas.

PARABÉNS A ESOS ACTORES E ACTRICES E Á
DIRECTORA XERAL, A PROFE ÁNXELES.


BO NADAL !!!

2 comentarios:

Leo dijo...

Coletazos e aloumiños salgados e variados para tódolos nenos e nenas de calquer idade que fan posible esa fermosa RAIOTECA!

Encarna dijo...

Moitas grazas Leo. Un bico de aninovo.
RAIOTECA.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails