O venres día 6, aproveitando a celebración do SAMAÍN , iniciamos as "Lecturas Compartidas" deste curso 09/10 cun libro titulado:
Quen lle ten medo á tormenta?
Dúas alumnas e un alumno de 4º curso: Paula, Alejandra e David, leron para tod@s nós. Tamén informamos de que temos na biblioteca outros títulos desa colección:
Quen lle ten medo ó lobo?
Quen lle ten medo á araña?
Quen lle ten medo á bruxa?
Seguro que despois de escoitar esta lectura vos animades a ler toda a colección...Foi moi importante a colaboración da mestre de música , Isabel, acompañada por un grupo de alumnado de 3º e 4 curso, que (ocultos tras un biombo) se encargaron de imitar con instrumentos os sons propios da tormenta e con lanternas os efectos de luz.
Tamén fixemos unha exposición con todas as cabazas que decoramos, os cestos de froitas, as postais e os debuxos. Cantamos cancións de SAMAÍN e bailamos todos/as xuntos/as o baile dos pantasmas. Foi moi divertido.
Fixádevos na cara de susto dalgúns nenos e nenas durante a lectura...
Fixádevos na cara de susto dalgúns nenos e nenas durante a lectura...
1 comentario:
o do lobo é fascimamte. Nunca volvín comer un tofe sen que me viñera á cabeza.
Ós rapaces chíflanlles. ¡E mira que teñen anos!
Publicar un comentario