O venres 30 celebramos no colexio a :
"FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO",
en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume)
ACTIVIDADES:
10:15.- Benvida á festa.
10:30.- Presentación da exposición de froita en concurso.
10:45.- Actuacións dos nenos/as, temas relacionados coa froita: pareados, cancións, debuxos...
10:30.- Presentación da exposición de froita en concurso.
10:45.- Actuacións dos nenos/as, temas relacionados coa froita: pareados, cancións, debuxos...
11:30.- Xogos tradicionais, charla e demostración.
12:15.- Entrega de premios do concurso de redacción e debuxo coa lectura das redaccións gañadoras.
12:15.- Entrega de premios do concurso de redacción e debuxo coa lectura das redaccións gañadoras.
12:45.- Concurso de froita de outono – entrega de premios:
Un premio á mellor variedade en perigo de extinción .
Outro premio á mellor variedade.
13:15.- Degustación de froita ó natural e cociñada preparada polo alumnado de 6º curso de Primaria e por representantes de AGFA , coa colaboración das familias.
________
Un premio á mellor variedade en perigo de extinción .
Outro premio á mellor variedade.
13:15.- Degustación de froita ó natural e cociñada preparada polo alumnado de 6º curso de Primaria e por representantes de AGFA , coa colaboración das familias.
________
Dende a Biblioteca estamos a facer unha recompilación con todos os traballos realizados no colexio sobre a FROITA AUTÓCTONA: Debuxos, redaccións, pareados, cancións, receitas; para elaborar un libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca, e que levará o título de:
"EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO"
Reportaxe fotográfica das actividades:
8 comentarios:
Unha festa ben orixinal e apetitosa!! Gústame a idea para vindeiros cursos.Un saúdo de María dende Cervo.
Ola, son Alfonso do CEIP Campomaior de Ordes.
Felicítovos por esta festa, nós estamos preparando uns obradoiros de cociña para o 21 de Decembro, pero dubido moito que nos saia como a vos, tendo en conta que no colexio non temos comedor e somos moitos máis nenos. Pedireiche ideas.
¡¡NORABOA!!
¡Parabens! aos nenos/as que traballades asi de ben e os mestres/as que os dirixides.¡Ánimo!seguide asi.
A presentación é de profesionais.Bicos Nieves
Dá gusto ver tanta actividade e tan ben organizada. Supoño que disfrutariades un montón. Parabéns a eses nenos e nenas que tanto traballaron.
Sempre que visito o voso blog lévome unha grata sorpresa, e esta ademais foi moi, moi doce.
Bicos para Raioteca da súa amiga Chispa.
Moitas grazas a todos e todas por eses comentarios tan maravillosos.
Ese recoñecemento sempre axuda e estimula a seguir adiante.
Unha aperta e moitos bicosss...
Un bico moi especial de Raioteca para a súa amiga Chispa.
Unha festa moi orixinal!! Parabéns!!
Miles de bicos e apertas Raioteca
Sara
Hola soy Susi:
Sin palabras, me habéis dado unos minutos de asombro total!!! Esos postres tenían buenísima pinta, quien hubiese estado ahí... Ni qué decir tienen esos nuevos juegos que habéis pintado en el patio. A ver cuando me paso a probarlos. Para todos la enhorabuena, pero en especial y con todo mi cariño, para los alumnos de 6º y para esos profes maravillosos que están detrás de todas estas estupendas experiencias educativas.Os quiero.
olaa soy Lura herman d luciia&mariia buen es p decirs q estaa fuee una fiesta GENIALL!! ojal pudies retrocdr uns kursos par poder estar en ests fistas q haceiss :) se os qiiere bess
Publicar un comentario