Unha das actividades programadas polo Equipo de Biblioteca para este último trimestre é:
LECTURAS COMPARTIDAS.
Consiste en que as alumnas e os alumnos do 3º ciclo lles lean aos alumnos/as de cursos inferiores, pero tamén nos gustaría que os pais, nais ou familiares viñeran ao colexio e lles leran aos nenos e nenas un conto, unha historia ou un relato que poderían traer da casa ou elixilo entre os libros da nosa biblioteca.
Fixemos a proposta e xa temos algunhas nais animadas a compartir lecturas.
Xa vos iremos contando.
En principio un grupo de alumnas/os de 5º curso xa prepararon uns contos de creación propia nun power point que van compartir co resto dos compañeiras e compañeiros.
Aquí vos queda unha pequena mostra, non sen antes darlles os parabéns polo seu traballo.
2 comentarios:
Precioso conto, e preciosa presentación!!!Os nosos parabéns a eses contacontos tan maravillosos.
Biquiños dende Moaña
Ola a todos e todas: Co motivo das letras galegas a Asociación Galega do libro infantil e xuvenil(Gálix)en colaboración co espazo cultural do Corte Inglés orgaiza obradoiros en diferentes cidades (Coruña, Santiago e Vigo).
Na Coruña o día 20 teran lugar o obradoiro de Ilustración con Rodrigo Chao,de microrelatos con Mar Guerra e de poesía,música e palabras con Xabier Mugardos. Os obradoiros van dende as 11 ata as 14 .
Nós e máis o outro 5º imos ir, e pensábamos propoñervos ir xuntos (quedan unhas 20 prazas).
Bueno decídenos algo ,podedes chamar o cole e preguntar por Pilar ou chamarme directamente 636860162. Biquiños.
Espero axiña a vosa resposta para poder ir orgaizando a saída.
Publicar un comentario