O equipo de dinamización ,estivo organizando xunto co equipo de biblioteca á vindeira semana do Samaín.
As familias xunto co alumnado, participaron na decoración de gorros de bruxa, que están a decorar os nosos corredores, aulas, etc,...
Abofé que lles están quedando terroríficas!!!
Creouse un museo do terror , onde cadros de famosos pintores foron recreados polos diferentes cursos.
Dende a biblioteca, estívose organizando por efemérides dos diferentes meses, obras teatrais para organizar cada nivel educativo.
Neste mes de novembro, a rapazada de 1º de primaria, será a que nos agasalle cun teatro de sombras.
Tivemos un PhotoCall, onde a rapazada dos diferentes cursos realizou fotografías terroríficas en grupo. Saíron fotos con moita Arte .
A nosa radio Lorolareto, propuxo unha actividade, para que o alumnado que queira, veña e conte o seu medo secreto, polos micros.
Seguro que resulta todo un éxito!