A nosa radio escolar xa ten unha mascota: "LOROLARETO"
Pensamos que LOROLARETO e RAIOTECA van ser grandes amigos, e seguro que nos sorprenderán con novas e fantásticas propostas.
26/3/19
13/2/19
A RADIO MÁIS GRANDE FEITA POLOS MÁIS
PEQUENOS EN PONTE…NAS ONDAS!
Este mércores 13 de febreiro, Día Mundial da Radio, houbo emisión da programación especial en directo desde o CPR Jorge Juan Xuvia, de Narón e o IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas.
Se pinchades na foto, poderedes escoitar a emisión en directo.
Nós, dende o CEIP Plurilingüe de Andrade, fixemos o
nosa primeira gravación , para celebrar este día tan importante para a Radio, onde recitamos poemas de PAZ, de Ana Mª Fernández do seu libro RING,RING...! QUEN RIMA?
Esperamos que desfrutedes escoitándoo!!!
11/2/19
RAIOTECA
PROPONVOS UN NOVO RETO; A CREACIÓN
DUNHA MASCOTA AMIGA PARA
REPRESENTAR A NOSA
RADIO NA BIBLIO.
TEREDES
QUE PRESENTAR O DEBUXO ACOMPAÑADO DO
NOME DA MASCOTA.
AS
BASES DESTE CONCURSO SERÁN:
Primeira. Os
participantes presentarán debuxos
orixinais e coa
temática da Radio
e
Biblioteca.
Segunda.
Os
debuxos
deberán levar o
nome da mascota,
e o
nome d@ autor@. Cada un participará só
cun debuxo.
Terceira.
Poderá participar calquer alumno
ou alumna do
CEIP
Plurilingüe de Andrade.
Cuarta. Os
debuxos que resulten gañadores en cada un dos
cursos, entregaranse
na biblioteca nun sobre co nome do autor/a
.
Quinta. Os
traballos gañadores de
cada curso serán expostos,
segundo se
vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do
centro para
ser votados.
Ábrese o día 13
de febreiro
e rematará o 20
de
febreiro
de
2019.
31/1/19
POESÍAS PARA
A PAZ E NON VIOLENCIA
Ola rapazas e rapaces!!!
Estou moi contento de podervos deixar fotos do momento que pasamos, o día 31 de xaneiro, todos e todas xuntas no recanto dos contos.
Espero que vos gustase o poema DEDOS e PAZ de Ana Mª Fernández, do seu libro RING, RING...! QUEN RIMA? que eleximos, Frederick, o meu amigo poeta, e mais eu, para este día tan especial ,como é o DÍA MUNDIAL DA PAZ E NON VIOLENCIA.
A verdade é que o fixéchedes todas e todos moi ben !!!
![]() APERTAS DE PAZ |
| LEMBRADE QUE SE QUEREDES LER ESTE LIBRO DE POESÍA, TÉDELO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO. |
14/1/19
13/1/19
A rapazada de 5º e 6º de Primaria, o venres 11 de xaneiro comezou a súa nova andaina para crear o CLUB DE LECTURA, co libro
"No corazón do bosque "
de Agustín Fernádez Paz.
FOTOS CLUB DE LECTURA
*Raioteca agasallounos cunha libretiña para apuntar nela,
palabras con corazón de Natureza que xurdan deste libro.
![]() |
| RAIOTECA COA RADIO NA BIBLIO, SEGUIRÁ SENDO POETA. |
O pasado decembro publicouse a resolución da convocatoria de "Radio na Biblio", e fomos elexidos 30 centros de nova incorporación neste curso 2018/2019, mentres que outros 20 continúan tras ser elexidos como programa piloto no curso 2017/2018.
O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedade actual.
Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como “centros creativos de aprendizaxes”, tal e como establece o Plan Lía 2016/20.
Asemade, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo da comunidade educativa. Neste sentido cómpre sinalar que a posta en marcha de iniciativas de radio en centros educativos ten demostrado ser unha boa ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, de apoio aos proxectos do centro, dos traballos elaborados polos alumnos, etc...
Este vindeiro 31 de xaneiro, teremos un obradoiro formativo para o sector do alumnado de 5º e 6º de Primaria e profesorado.
Estamos ansiosos por poñer en marcha este novo proxecto dende a biblioteca, que aportará un cambio significativo a nosa biblioteca.
Aprenderemos todos e todas moito!!!
ÁNIMO, rapaces e rapazas!!!!
18/12/18
PARA ESTE NADAL
PARA ESTE NADAL
PIDE MOITOS LIBROS
A MELCHOR, GASPAR E BALTASAR.
NON PERDAS UN MOMENTO
DE DIVERTIMENTO,
POIS OS LIBROS,
SON TODO UN INVENTO.
RAIOTECA FELICÍTAVOS O NADAL
E DÉIXAVOS RECOMENDACIÓNS
PARA LER
NESTAS DATAS
DE LECER.
13/12/18
Aquí vos deixa Raioteca, a actuación que os bibliotecarios e bibliotecarias fixeron para celebrar o 25 N.
Este conto vai adicado a todas as princesas e príncipes que tecen tristeza e bordan silencio, para que vaian na procura dos seus soños.
Pinchade na imaxe , para ver galería de fotos
Desfrutádeo moito!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















