Tamén descubrimos O Quixote a través da Música e o Ballet.
Neste enlace do blog de Música "Cantos mirados" atoparedes máis información:
IMOS DE CONCERTO: "DON QUIXOTE"
26/4/16
25/4/16
DESCUBRIMOS O QUIXOTE.
“Descubrimos o Quixote”.
Haberá dúas modalidades, unha
para o alumnado dende 1º ata 3º curso de
primaria, e outra para os alumnos/as de
4º a 6º de primaria.
Terán que respostar unhas preguntas relacionadas
coa obra do Quixote, e tamén con dúas aventuras “Muiños de vento” e “Os rebaños”.
As respostas atoparannas na información contida nuns códigos QR. O traballo será en grupo e cada
grupo disporá dunha tablet e tres cuadernillos que
conteñen as preguntas.
UN AGASALLO DA NOSA MASCOTA.
O día 23 de abril, día do Libro, a nosa
mascota Raioteca agasallounos cun mural que o artista Ito Mosquera realizou para decorar a nosa Biblioteca.
Moitas grazas Raioteca!!!
(Los peques de la Biblioteca Soños De Andel Ceip Andrade tienen una mascota que se llama Raioteca, se escondió detrás de los libros una vez hemos acabado de decorarla, es muy tímida, pero gracias a su ayuda he podido acabar este trabajo en poquitos días, gracias!!!
ITO MOSQUERA)
3/4/16
EXPOSICIÓN DÍPTICOS: "Muller, Poesía e Manuel María"
Atopamos nais, irmás, tías, avoas, curmáns e ata veciñas.
Dende aquí queremos darvos os nosos
PARABÉNS polo voso traballo!!!
26/3/16
THEATER PLAYS II
Neste mes de marzo no colexio de Andrade asistimos a un ciclo de teatro en inglés, coa representación de tres contos clásicos:
"The Three Billy Goats".
"Cinderella".
"The Three Little Pigs".
O xoves día 10 tivo lugar a segunda representación, a cargo do alumnado de 6º curso.
Desde aquí queremos felicitar aos actores e actrices que tan ben o fixeron.
PARABÉNS!!!
Deixámosvos o vídeo e unha pequena reportaxe fotográfica:

25/3/16
MULLER, POESÍA E MANUEL MARÍA.
O venres 18 celebramos o Día da Poesía, cun recitado de poemas de Manuel María, do seu libro "Os Soños na Gaiola", adicados ás nosas mulleres de cada día:
Os nenos e nenas de Infantil e 1º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que os axudan, cada día, a descubrir o noso mundo.
Os nenos e nenas de 2º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que comparten cada día, os xogos con eles.
Os nenos e nenas de 3º e 4º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que os ensinan a respetar e valorar os animais.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que os ensinan cada día o valor das pequenas cousas.
Tamén cantamos catro cancións de poemas musicados de Manuel María: "O meu burriño", "O Grilo", "O meu barco" e "A roda roda".
Enlace ao blog de música AQUÍ .
Ao remate do acto, a nosa mascota Raioteca agasallounos cun poema de Manuel María.

8/3/16
MULLER E POESÍA.
8 de marzo: Día Internacional
da Muller
da Muller
21 de marzo: Día Mundial
da Poesía.
da Poesía.
O "Día da Muller" irá da man do "Día da Poesía", e os dous xirarán arredor dos poemas "Os soños na gaiola", do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016: Manuel María.
Selección de poemas dos cales cada alumno/a poderá elixir un para ilustrar, e adicar a unha muller moi especial:
7/3/16
THEATER PLAYS
O Día Mundial do Teatro foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) e celébrase anualmente o 27 de Marzo. Todos os anos unha personalidade de dimensión mundial redacta unha mensaxe.
Neste mes de marzo no colexio de Andrade asistimos a un ciclo de teatro en inglés, coa representación de tres contos clásicos:
- "The Three Billy Goats".
- "Cinderella".
- "The Three Little Pigs".
O xoves día 3 tivo lugar a primeira representación, a cargo do alumnado de 4º curso.
Desde aquí queremos felicitar aos actores e actrices que nos fixeron pasar un rato tan divertido.
PARABÉNS!!!
Deixámosvos o vídeo e unha pequena reportaxe fotográfica:
29/2/16
CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.
A AELG propuxo celebrar este día convidando a facer un envío ás familias dunha tarxeta e unha flor. Esta asociación busca desde 2011 institucionalizar o 24 de febreiro como unha xornada de celebración da nosa literatura, animando á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día.
No noso colexio unímonos a esa iniciativa e cada un dos alumnos e alumnas levaron ás súas casa unha tarxeta cun debuxo dunha poesía de Rosalía, e un fragmento dun poema que Manuel María adicou a Rosalía, titulado "Oración Galega a Rosalía".
Grazas, nai Rosalía, por nos dares
un idioma novo e ben luído.
Grazas pola fala e por cantares
o noso pobo, humilde e esquecido.
Grazas, nai Rosalía, pola pura
e fonda canción que ti cantaches
tan chea de verdade e fermosura.
Grazas pola fala que salvaches!
Grazas, nai Rosalía, polo feito
de recobrar o idioma e a canción,
As palabras que enchen todo o peito
e poden aquecer o corazón…!
Grazas, nai Rosalía, por saberes
marcarnos o destino e o vieiro.
Grazas, nai Rosalía, por faceres
un milagre puro e verdadeiro!
O venres 26 xuntámonos no salón de actos para homenaxear a Rosalía. Comezamos lendo unha breve presentación da súa vida e obra, e respostando unhas preguntas, despois cada curso recitou un fragmento do poema, e para rematar cantamos tod@s xunt@s "Poemiña para namorar unha rosa", tamén escrito por Manuel María.

De Manuel María a Rosalía, 1971

GRAZAS ROSALÍA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)