28/10/07

AS NOSAS RECEITAS DE OUTONO

Na primeira semana do mes de Outubro, a nosa mascota da biblioteca, RAIOTECA, deixábanos a seguinte mensaxe:
"Dende a BIBLIOTECA propoño un reto para este mes de Outubro:

Recopilación de receitas elaboradas con produtos propios do outono: castañas, noces, mazás, cabaza ...
Podedes conseguilas preguntando na casa, en libros de cociña ou internet.

Con todas as receitas faremos un libro para a nosa biblioteca titulado:
"AS NOSAS RECEITAS DE OUTONO"

Haberá agasallos para as receitas máis orixinais, mellor presentadas ...
Cada receita deberá ir ilustrada cun debuxo representativo. "

Animádevos a participar!

24/6/07

ENTREGA DE DIPLOMAS

O 22 de Xuño, dentro dos actos celebrados con motivo do remate
do curso 2006/07 fíxemos entrega dos diplomas aos mellores
lectores/as e ilustradores/as deste curso. Noraboa a
todos/as os lectores/as e ilustradores/as do CEIP de Andrade.
BOAS VACACIÓNS !


Cool Slideshows!

17/6/07

OBRADOIRO DE CONTACONTOS: Pavís Pavós


Xoves, 7 de Xuño: Contacontos PAVÍS PAVÓS.
Para os nenos e nenas de Educación Infantil
Mestúranse contos con bruxas, vampiros, monstros...
con outros que falan deses medos difíciles de explicar:
a soidade da noite, aparicións irracionais... sen faltar
o punto de humor para xuntos gozar dunha hora de
medo máxico.

OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA




Mércores, 6 de Xuño

Obradoiro de creación plástica a partir dos contos
1º ciclo de Primaria

Coa súa maleta de contos e unha bola do mundo,
Raquel Méndez propón unha viaxe polo mundo
a través das lendas e os contos, facendo fincapé
nos contos de medo das distintas tradicións orais.
A partir do conto oral desenvolvéronse distintas
propostas plásticas.

Obradoiros Semana do Libro e a Lectura


Martes, 5 de Xuño


Obradoiro de Ilustración para
2º ciclo de Primaria:

Aplicación práctica de
como deseñar
un personaxe e as liñas básicas para
o desenvolvemento dunha historieta.
Vaise formando un ambiente creativo
plasmado nos deseños que os propios
participantes realizan, durante o obradoiro,
e que poderán seguir traballando na aula.

Obradoiros para nenos e nenas - Semana do libro e a lectura

Luns, 4 de Xuño











Obradoiro de ilustración con Anxo Fariña
Neste obradoiro o ilustrador acompañará
ao alumnado no percorrido de achegamento
ao libro cos seu debuxos.

Obradoiro de contacontos con Anxo Moure
o "Atrapador de contos", contador de historias
coidadosas coa natureza, de contos para
un mundo mellor.
Contos vellos para tempos
novos.

10/6/07

PUZZLE RAIOTECA

Libros artesáns e das editoriais ( Semana do libro e a lectura)

Xunto cos libros dos rapaces hai tamén unha
exposición de libros cedidos polas editoriais.
O que podemos atopar entre as liñas dos
libros son soños, paises, viaxes, liberdade,
medos, sorrisos...


create your own slideshow

EXPOSICIÓN DOS LIBROS DOS NENOS/AS (Semana do libro e a lectura)



Os libros e murais fabricados
cos soños dos nenos e nenas
dos colexios.
Son os libros feitos a man, os
libros e murais artesáns. Os
libros das tesoiras, o
pegamento e a cartolina
de cores, que por un día
serán de todos e todas.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails