3/12/22
MES DA CIENCIA
28/11/22
25N- DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO
Ola rapazas e rapaces, hoxe é o Día Internacional da Non Violencia de Xénero e por iso, no noso colexio, estivemos facendo unha actividade relacionada con que todos debemos medrar en igualdade.
A actividade consistía en crear novas caras con todas as fotos da clase, partidas en catro anacos, a verdade é que quedaron moi estrañas e diversas pero resultou divertido.
Escolleuse esta data para honrar a memoria das irmás Mirabal, tres activistas políticas da República Dominicana que foron brutalmente asesinadas no 1960, pola orden do dictador dominicano Rafael Trujillo.
Deixámosvos cunhas fotos dos diferentes retratos que realizamos baixo os lemas:
"Medramos en igualdade"
"Tod@s somos iguais"
Esperemos que vos gusten!
que fixo posible este audio conto!!!
14/11/22
MAGOSTO 2022
Para este Magosto celebrar, moito hai que xogar... e por iso o venres 11, fixemos xogos tradicionais coma o peón, carreiras de sacos...
E sen esquecernos o banquete que nos levamos de castañas asadas, mmmm... faíseme a boca auga só con pensar o ricas que estaban.
Esperamos que neste Magosto o pasarades xenial!!!
Ah! e... unha última cousa, queremos dar a grazas a esas persoas da asociación do Olmo por facernos estas castañas, tan ricas. E non sei se sabedes que fixeron ese aparello cun bombo da lavadora, que boa idea de reutilización para un magosto sostible.
11/11/22
ESPAZOS FEDELLEIROS 2022-2023
O SAMAÍN -OUTUBRO 2022
Neste Samaín 2022, decoramos o colexio , con cabazas que a rapazada fixo nas clases de plástica, e tampouco faltaron basoiras feitas con materias naturais : xesta, loureiro, follas de maínzo, canaveiras, etc,.. que a rapazada fixo nas súas casas coa axuda das súas familias.
Abofé que quedou terrorífico!!!
Tamén tivemos xogos de pistas na nosa biblioteca.
Resultou unha xornada interesante e entretida.
Deixámosvos un vídeo , onde podedes ver todo o traballo realizado.
Parabéns a toda a comunidade educativa pola colaboración.
Aquí vos deixamos o código QR da publicación desta celebración no Instagram.
10/11/22
5º PROGRAMA DE RADIO
Estamos de novo aquí para mostrarvos outro dos nosos programas, adicado ao día das bibliotecas escolares e ás novedades do noso colexio. Somos... Os Andrade!!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES- 24 DE OUTUBRO 2022
Lema das bibliotecas escolares de Galicia
Curso: 2022-2023
" Escribir a Biblioteca"
PROXECTO DE CENTRO
SEMENTANDO PATRIMONIO
ECOLÓXICO-NATURAL E CULTURAL
NA NOSA CONTORNA
A rapazada de 6º de primaria, voluntariado de biblioteca, quixo presentar o noso PDI, co gallo do día das bibliotecas escolares , e como sempre a través dun libro titulado:
" Un bosque en mi"
Autora: Underwood Deborah Ilustradora: Derby CindyFixeron unha versión propia en galego para concienciar ao alumnado e a toda a comunidade educativa , da importancia de coidar , respectar e desfrutar máis do noso bosque. Finalmente representárono, e aquí vos deixamos o vídeo para que o desfrutedes.
Por outra banda a rapazada de 5º de primaria quixo representar o poema de Santiago Freire do libro: Martingadas, poemas para nenos.
" A Biblioteca"
O alumnado de 6º de primaria, fixo entrega das mochilas viaxeiras a cada un dos titores/as, onde a biblioteca Soños de Andel escribe e comparte sabedoría, para levar polos fogares, e deste xeito facer partícipes ás familias da nosa comunidade educativa.
Finalmente tivemos unha visita sorpresa das nosas mascotas: Raioteca e Lorolareto, que nos leron unha cartiña que estaban a rematar de escribir.
Dádelle unha olladiña ao vídeo.
Resultou unha xornada fantástica, chea de Natureza, ilusión, oralidade e conciencia da mellora e coidado do noso bosque.
PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!
16/10/22
CUARTO PROGRAMA - DÍA MUNDIAL DA VISIÓN
Bo día rapazada!
Hoxe, traémosvos un novo podcast adicado ao día Mundial da Visión.
Como ben sabedes, coidar a vista é algo moi importante.
Desfrutádeo moito.
Ata outra!
14/10/22
TERCEIRO PROGRAMA DA RADIO LOROLARETO
Bo día rapazada!
Hoxe traémosvos un podcast sobre como coidar e educar ao voso cabalo, que de seguro vaivos gustar, cheo de información fundamental e moi interesante. Esperemos que vos guste, sobre todo aos amantes dos animais.
Ata logo!
5/10/22
SEGUNDO PROGRAMA RADIO LOROLARETO
ENTREVISTA A LUCAS E MARCELO
A rapazada de 6º fíxolle unhas preguntas a dous compañeiros de 5º.
Esperemos que vos guste!!
.png)



.jpg)













.png)


.png)




.png)
.png)
.png)