Neste curso, dende a Bilioteca, organizamos unha actividade chamada: "PIONEIRAS" inspirada nun libro de xerais que leva por título: Pioneiras Galegas que abriron camiño. Cada curso tivo que buscar información sobre unha pioneira, tratar esa información e finalmente expoñela. Na clase de Plástica todo o alumnado fixo caricaturas de cada unha destas mulleres e montamos unha exposición. En Infantil: CELIA RIVAS, a primeira camioneira. 1º Curso: OLIMPIA VALENCIA, a primeira doutora. 2º Curso: IRENE GONZÁLEZ, a primeira futbolista. 3º Curso: ELISA E MARCELA, a primeira voda entre mulleres. 4º Curso: EXERIA: a primeira escritora. 5º Curso: SOFÍA CASANOVA, a primeira correspondente de guerra. 6º Curso: ISABEL BARRETO, a primeira almiranta.
Este ano a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino leva por título:
"Abride a Fiestra"
Propoñen para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras, algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou transcriba os seus versos soltos ou poemas completos para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto faranse fotos.
Este vídeo é unha mostra da nosa participación nesta convocatoria.
Grazas a todo o alumnado do Centro que participou con tanto entusiasmo nesta proposta.
Este ano o Entroido xira entorno ao tema das novas tecnoloxías. Dende a Biblioteca, aportamos material informativo relacionado con esta temática, exposto no recanto de Roboteca, e tamén o enlace a unha guía que publicamos no Nadal e que recolle unha selección de libros e xogos de robótica: "Ler e xogar con robots" Todo o alumnado fixo o seu disfraz. Desfilamos, cantamos e bailamos. Foi moi divertido. Aquí deixamos o enlace ao vídeo das actuacións de cada curso.
Este ano adicaremos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor a figura de Wangari Maathai, que gañou o Nobel da Paz, grazas ao seu traballo como ecoloxista, que naceu das investigacións que levou a cabo como bióloga e investigadora. O alumnado de 5º e 6º curso presentaranos un pequeno resumo sobre a súa vida a través do libro "Wangari e as árbores da paz"
Nas aulas traballaremos unha historia contada por Wangari e titulada: