29/2/16

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.

A AELG propuxo celebrar este día convidando a facer un envío ás familias dunha tarxeta e unha flor. Esta asociación busca desde 2011 institucionalizar o 24 de febreiro como unha xornada de celebración da nosa literatura, animando á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día.
No noso colexio unímonos a esa iniciativa e cada un dos alumnos e alumnas levaron ás súas casa unha tarxeta cun debuxo dunha poesía de Rosalía, e un fragmento dun poema que Manuel María adicou a Rosalía, titulado "Oración Galega a Rosalía".



ORACIÓN GALEGA A ROSALÍA

Grazas, nai Rosalía, por nos dares
un idioma novo e ben luído.

Grazas pola fala e por cantares
o noso pobo, humilde e esquecido.

Grazas, nai Rosalía, pola pura
e fonda canción que ti cantaches
tan chea de verdade e fermosura.
Grazas pola fala que salvaches!


Grazas, nai Rosalía, polo feito
de recobrar o idioma e a canción,
As palabras que enchen todo o peito
e poden aquecer o corazón…!





Grazas, nai Rosalía, por saberes
marcarnos o destino e o vieiro.
Grazas, nai Rosalía, por faceres 
un milagre puro e verdadeiro!



De Manuel María a Rosalía, 1971

O venres 26 xuntámonos no salón de actos para homenaxear a Rosalía. Comezamos lendo unha breve presentación da súa vida e obra, e respostando unhas preguntas, despois cada curso recitou un fragmento do poema, e para rematar cantamos tod@s xunt@s "Poemiña para namorar unha rosa", tamén escrito por Manuel María.
GRAZAS ROSALÍA!!!











21/2/16

DÍA DE ROSALÍA.




O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. 

Este ano no colexio faremos a celebración o venres 26, porque para o día 24 temos programada unha saída extraescolar.
Leremos unha breve presentación sobre a súa vida e obra, e despois respostaredes a un cuestionario de preguntas,  AQUI
Tamén estamos preparando un recitado colectivo dun poema que Manuel María adicou a Rosalía, e unha tarxeta cun poema ilustrado para enviar ás familias.

Unha páxina de RECURSOS.

20/2/16

LECTURAS CON CORAZÓN



Neste mes de Febreiro que celebramos no colexio o mes da AMIZADE, desde a Biblioteca aportamos unha selección de libros, por idades, que conteñen esta temática:


LECTURAS CON CORAZÓN I

LECTURAS CON CORAZÓN II

AMIZADE 2016: "ESE AMIGO SON EU".

Nesta primeira quincena de Febreiro recibimos unha carta de Raioteca:


Ola Raiolectores !!!
Xa vexo que neste 2016, estades a traballar
con moito interés no
Coñecemento do lugar no que vivides.”
Vin uns estupendos disfraces, unhas velliñas e uns vellos moi marchosos.
Sei que disfrutáchedes bailando e cantado
coa miña amiga a
Meiga Discordia.”
Con ela faláchedes de compartir e de amizade.
E como sodes os meus amig@s preferidos,
traiovos unha pequena historia...
Abride ben ollos, limpade as orellas e...
Aí vai!!!



RAIOTECA

Entre tod@s limos esta fermosa historia, aquí tedes a 
reportaxe fotográfica:





Para rematar, como nos gusta tanto cantar e bailar:
Os nosos compañeiros/as de 5º e 6º curso propuxeron que cantemos como agasallo do AMIGO:
"EL MISMO SOL"

E Raioteca, deixounos para bailar o rock :
"MOLA CANTIDADE."


Raioteca tamén nos agasallou cuns fantásticos marcapáxinas.



FELIZ DÍA DO AMIGO 2016!!!

Máis información no blog de música: "Cantos Mirados"



10/2/16

ENTROIDO 2016

O venres 5 de febreiro celebramos o Entroido no CEIP Plurilingüe de Andrade. Previamente, ao longo da semana, foron aparecendo os mandatos dos mecos.
Este ano o lema foi: "O Entroido máis enxebre". 
Enlazando co noso PDI anual: "A cultura popular do lugar onde vivimos", propuxemos realizar un desfile de disfraces, que non foxen mercados, senón elaborados con roupa e accesorios que tiveran pola casa, e facendo referencia ao popular.
Cada alumn@ que quixo participar no desfile tivo que traer unha tarxeta cuberta co nome do disfrace, unha breve descrición divertida e o nome do deseñad@r. 
Aos participantes entregámoslles un diploma de participación e un pequeno agasallo.
Rematamos a festa cunha degustación de postres típicos da nosa zona.







Recompilación de Recursos Entroido para traballar na aula, elaborada no  Ceip Mestres Goldar-Vigo: AQUÍ.


8/2/16

Coa palabra PAZ

Clicando nestes enlaces pódese acceder a unha recompilación de lecturas e películas relacionadas coa temática da PAZ:

Celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

O venres 29 de xaneiro xuntámonos no salón de actos para celebrar o Día da Paz.
Para conmemorar este día, Raioteca agasállanos cun libro titulado:

Desde a Biblioteca fixemos unha adaptación teatral deste libro, e despois de falar un pouco do que representa a figura da meiga, enlazando co noso PDI, "A cultura popular do lugar onde vivimos":
(A figura da MEIGA está moi arraigada na TRADICIÓN POPULAR GALEGA. 
A Meiga é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas.
Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación.)
O alumnado de 6º curso, coa participación do resto de alumn@s do colexio, fixeron unha fantástica representación teatral combinada con cancións e bailes de Paz. Desde aquí queremos darlles os parabéns e as grazas por tan bo traballo, agradecer tamén a Hugo de 5º curso pola súa colaboración acompañando coa frauta.
Para rematar realizamos un intercambio de tarxetas de Paz, que elaboramos na clase de plástica, e decoramos a entrada do colexio co lema: "Paz no vento, paz no Mundo" con globos deseñados por cada un dos cursos, desde Infantil ata 6º de primaria.
Deixámosvos unha reportaxe fotográfica e o vídeo da actuación.







29/1/16

30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz - 2016

A última semana de xaneiro garda unha data ben significativa no ámbito educativo, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro) que conmemora a morte de Mahatma Gandhi en 1948. Os centros educativos acostuman aproveitar esta data para traballar de forma intensiva contidos propios da Cultura de Paz. Clicando na foto atoparás unha ampla recompilación realizada dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.


28/1/16

A BRUXA DISCORDIA

Mamá Cabra Carmen Gil acaban de publicar o libro-disco A bruxa Discordia. Cancións para a paz na coleccción Sonárbore da Editorial Galaxia. As ilustracións son de Iria Fafián.
Estamos traballando con ese libro para a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a  Paz.
Fixemos unha adaptación para facer unha representación teatral, neste enlace:


Publicaremos as fotos e o vídeo da representación, que terá lugar o venres 29 de xaneiro.

1/1/16

FELIZ ANINOVO.

Dende a Biblioteca do CEIP Plurilingüe de Andrade, desexámosvos un 
Feliz 2016 e unhas Felices Lecturas.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails