8/5/15

ABRIL, MES DOS LIBROS III




Cada primavera, como xa é costume, organizamos a 
actividade de Madriñas e Padriños lectores:
O alumnado do 3º ciclo e 
de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s.
Ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos. 
Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.

ABRIL, MES DOS LIBROS II

O 24 de abril, un grupo de alumnos e alumnas representaron unha adaptación teatral de “Papirus”, Un conto que atopamos no libro “Tambo” de Edicións do Cumio.
Premendo AQUI poderás acceder ao texto da obra.
PARABÉNS!!


ABRIL, MES DOS LIBROS I

1.- O equipo de Biblioteca, en colaboración co ENDL, fixemos a adaptación e tradución ao galego de  “Si yo fuera un libro”:



Elaboramos un díptico no que o alumnado e mestres do Centro escribimos o título e autor do libro que nos gustaría ser se fósemos un libro,  e dimos unha breve explicación. Con todos eles fixemos unha exposición.




Na celebración do Día do Libro a cada curso correspondeulle ler catro fragmentos ilustrados de "Se eu fose un libro". Aquí deixamos a reportaxe fotográfica destas lecturas:


23/4/15

CÓMO FIARTE DUNHA PÁXINA WEB?

Presentación publicada no "Diario dun  Bufo Lector" , blog da Biblioteca do CEIP Sofía Casanova.

11/4/15

MULLER - MAR - POESÍA: "Homenaxe ás mulleres mariscadoras"

Este curso unificamos a celebración do "Día da Muller" co  "Día Mundial da Poesía",
Dende a Biblioteca programamos unha actividade de homenaxe ás mulleres mariscadoras da zona, que tivo lugar o venres 27 de marzo.
Cada curso adicou a estas mulleres o recitado de varios poemas coa temática do MAR. Enlace aos poemas AQUI.
Ademais preparamos unha entrevista, que recolle preguntas de todo o alumnado, dende Infantil ata 6º de Primaria. Cada curso elixiu a un representante para intervir nesta entrevista. Enlace, AQUI.

Tamén os mestres do equipo de Biblioteca agasallamos a cada curso cunha adiviña relacionada con animais do MAR. Enlace, AQUI.
Como colofón, cantamos tod@s xunt@s unha fermosa cantiga titulada: "Non lle temas mariñeiro".
No blog de música "Cantos mirados" tedes toda a información sobre un fantástico proxecto de cancións adicadas ás mulleres mariscadoras.
Deixamos unha reportaxe fotográfica que recolle momentos desta celebración.
Xa sabedes que tedes a reportaxe completa na páxina web do cole: FOTOS e VÍDEOS.
Queremos darlle as grazas a Ana, nai de Aitor e Bruno, pola súa colaboración.
Parabéns Ana!!!



22/3/15

Máis POESÍA

Continuamos co recitado de Poesía, dentro da actividade: 
Esta vez tamén recitan mestres, e dúas alumnas de 3º curso, creadoras de poesías con temática do MAR, que escribiron nos cadernos viaxeiros das mochilas.


PARABÉNS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN E POLO BEN QUE O FIXECHEDES.



DOUS RECANTOS MOI VISITADOS.

Estos días, dous dos espazos máis populares da nosa Biblioteca están sendo:

O RECANTO DOS MONICREQUES. Sobre todo, os máis pequenos, disfrutan dándolle vida aos personaxes dos contos.

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS. Se tedes dúbidas sobre que libro levar en empréstito, podedes votar unha ollada ás recomendacións dos vosos compañeiros e compañeiras.


Turnos de recitado: "Andrade, comeríate a versos"


ANDRADE, COMERÍATE A VERSOS.


O 21 de marzo celébrase o “Día  Mundial da Poesía”
Con este motivo realizaremos a actividade titulada:
ANDRADE, COMERÍATE A VERSOS:
  • Espalladas polo centro atoparás poesías.
  • Podedes elixir a que máis vos guste para recitar na hora de ler.
  • O recitado pode ser individual ou en parella.
  • Teredes que facer a inscrición na Biblioteca.
Anímate!!!
Haberá un agasallo para cada un d@s participantes.

Esta foi a proposta que realizamos dende a Biblioteca, para celebrar a semana da Poesía.
A convocatoria tivo tanto éxito que adicamos toda esta semana, e adicaremos tamén a próxima, ao recitado dos poemas.

Moitas grazas pola vosa participación e entusiasmo.

Aquí deixamos unha pequena reportaxe, xa sabedes que todas as fotos están na GALERÍA da páxina web do cole e tamén os VÍDEOS.




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails