Seguindo co proxecto RECUPERANDO A MEMORIA, o xoves tivemos unha contacontos moi especial, Isabel, a avoa de Ángel de E. Infantil, que ademais é mestre no noso cole e que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos. Tamén ese día recibimos a visita da Coral do Centro de Maiores de Pontedeume que interpretaron unhas fermosas cantigas galegas. Parabéns a tod@s os membros desta agrupación e á nosa superavoa especial. Moitas grazas pola vosa colaboración nesta actividade.
Con estes debuxos tan bonitos os nenos e nenas da clase de E. Infantil agasallaron á avoa de Angel.
O mércores 24 inauguramos o noso club de lectura. Somos dous grupos: un formado por alumn@s de 5º curso e coordinado por Isabel Galán, e outro por alumn@s de 6º curso, coordinado por Encarna. A nosa primeira lectura é: "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure. Teremos unha xuntanza cada 15 días, na Hora de Ler. As xuntanzas serán na biblioteca, na zona de lectura informal. O nome que entre tod@s eliximospara o noso club é: RAIOLECTORES. Con ese mesmo nome crearemos o blog do club de lectura. Ao acto de inauguración asistiu o noso bibliotecario favorito, Alejandro, que nos dixo cousas moi interesantes. Desde aquí queremos darlle as grazas pola súa colaboración. Agradecer tamén a Mar, mestre no CPI A Baña ,polo préstamo e traslado dos 30 exemplares de "Palabras de caramelo".
Seguindo co proxecto de Lecturas Compartidas: "RECUPERANDO A MEMORIA" recibimos a visita de Gloria, a avoa de Carlos de E. Infantil, e de Pancho, o avó de Iván e David.
Gloria preséntanos o conto titulado: "Teño unha avoa diferente" e Pancho ameniza a sesión de contacontos con música de acordeón.
Desde aquí queremos agradecer a colaboración de Gloria e Pancho, que nos fixeron pasar uns momentos moi divertidos. Foi unha actividade moi interesante.
Neste ENTROIDO, o cole de Andrade vístese de CIRCO:
PAIASOS en Infantil
MÚSICOS no 1º ciclo
"SALTIMBANQUIS" no 2º ciclo
No 3º ciclo: Bailarinas, maxia, encantador de serpes, mulleres barbudas, equilibristas, domadores...
PASEN E VEXAN:
E falando de CIRCO, esta curta de Eduardo Verástegui, gañadora do primeiro premio do concurso "The Doorpost Film Project" : "O CIRCO DA BOLBORETA".
Nun circo pequeno en plena depresión americana atópase un mozo sen extremidades que participaba nunha exhibición de rarezas; o director do circo e o valor do mozo logran que este descubra a súa auténtica dignidade como persoa.
Nesta curta atopamos moitos dos valores universais: a liberdade, a esperanza, a ledicia, a humildade...
Durante toda esta semana, á entrada do colexio, haberá unha exposición cunha mostra dos LIBROS DE ENTROIDO
que as nenas e nenos de Andrade foron escribindo e ilustrando ao longo destes últimos anos: "Cousas para facernos rir", "A festa de Entroido", "Os nosos disfraces", "Receitas de bruxos"; son algúns dos títulos desta exposición.
Temos tamén unha exposición de CARAUTAS: Para rir. Para pasar medo. Para @s aventureir@s. Para disfrutar tod@s ...
Non só nos contaron varios contos, senón que tamén tocaron uns instrumentos moi orixinais e ensináronnos unhas fermosas cancións. Foi unha actividade moi completa e divertida. Disfrutamos moito e esperamos que non tarden moito en volver.
PARABÉNS e ATA PRONTO!!!
Deixámosvos AQUÍ, un enlace á páxina de Pablo e un vídeo que recolle algúns momentos desta sesión.
O venres celebramos no colexio o día da PAZ, e entre tod@s completamos unha réplica do cadro do pintor galego Leandro Lamas, titulado:
"A EscoladosSentimentos". Cada curso aportou unha peza deste crebacabezas e transmitíronnos os seus sentimentos de PAZ coa lectura de frases e poemas de creación propia. Para rematar, cantamos e bailamos a canción máis popular entre os rapaces e rapazas do cole, titulada “AMIGOS DEL CORAZÓN”. Aquí deixamos a reportaxe fotográfica: