9/2/26
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2026
7/2/26
OBRADOIRO DE RADIO
Abofé que non podía faltar a axuda e experiencia dun gran profesional da locución e da dobraxe que traballa na Asociación Ponte nas Ondas, e que xa é ben coñecido por nós. Siii, siii, estamos a falar de Damián Alonso, que como cada obradoiro que vén a facer connosco, sempre sorprende coa súa adicación e entusiasmo por esta ferramenta tan motivadora e educativa.
Grazas Damián,por seguir ensinando algo tan instrutivo como é este medio de comunicación e que resulta tan motivador para o alumnado.
2/2/26
O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS
CANDO CHEGA A CANDELORIA, CASAN OS PAXARIÑOS
1/2/26
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
SEN PAZ NON HAI FUTURO
Con esta poesía deste gran escritor e poeta galego, Antonio Teijeiro, dou comezo o noso acto, para celebrar o Día escolar da Non Violencia e a Paz. Algunha da rapazada de 6º de primaria, foi a que guiou a xornada presentando aos seus compañeiros/as, dende Infantil ata 6º de primaria, que participaron para dar visibilidade a algo tan importante como é a PAZ, pois é ben sabido que "sen Paz non hai Futuro".
Dende peticións pola Paz, ata recitado de poemas e canción pola paz, deixaron claro que a rapazada quere que os conflictos cesen e que a Paz se espalle polo noso planeta Terra.
Alumnado e profesorado gozou dunha xornada moi gratificante , a través dos micros da nosa radio en directo, e deste xeito dar constancia do noso facer na procura dun mundo pacificador, libre de guerras.





.gif)









