8/3/26

DÍA DA MULLER -8M


Hoxe no noso centro escolar celebramos o Día da Muller cunha xornada chea de aprendizaxes, reflexión e creatividade. Coa colaboración da Asociación EuroEume, Nerea e Lúa montaron un punto violeta, un espazo de encontro e visibilización onde o alumnado puido participar en diferentes obradoiros e xogos relacionados coa igualdade, o respecto e o papel das mulleres na sociedade.

A través destas actividades, fomentouse o diálogo e a conciencia sobre a importancia de construír un mundo máis xusto e igualitario. Foi unha experiencia enriquecedora que encheu o colexio de cor, ideas e compromiso.




1/3/26

DÍA DE ROSALÍA-23 DE FEBREIRO



Para este día tan especial de Rosalía celebrar,
a nosa rapazada de 6º de primaria estivo a preparar,
un podcast para a vida desta poetisa oralizar,
e con gran ilusión  poemas recitar,
para aos vosos oídos deleitar.


9/2/26

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2026


Agora deixámosvos coa entrevista a Damián Alonso, un fantástico actor de dobraxe ao que lle temos moito cariño, por mor das súas ensinanzas no uso  da voz e da parte técnica da radio.
Moi bo traballo, rapazada!!!

Música: "Tempestades de sal" Autora: Ses 

                Grazas Damián, por compartir o teu tempo  e a túa sabedoría connosco!!!

7/2/26

ENTROIDO 2026

O Meco chegou con risa e foliada, 
trae mandatos para toda a xente animada!!!

OBRADOIRO DE RADIO

 

A rapazada de 4º de primaria, este xoves 4 de febreiro, estivo experimentando  e aprendendo coa voz e cos mandos da mesa de mesturas e facendo gravación na nosa radio escolar.  

Abofé que non podía faltar a axuda e experiencia dun gran profesional da locución e da dobraxe que traballa na Asociación Ponte nas Ondas, e que xa é ben coñecido por nós. Siii, siii, estamos a falar de Damián Alonso, que como cada obradoiro que vén a facer connosco, sempre sorprende coa súa adicación e entusiasmo por esta ferramenta tan motivadora e educativa.

Grazas Damián,por seguir ensinando algo tan instrutivo como é este medio de comunicación e que resulta tan motivador para o alumnado.

2/2/26

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

 CANDO CHEGA A CANDELORIA, CASAN OS PAXARIÑOS



Durante estas semanas de febreiro temos no noso colexio , unha  exposición  sobre paxaros e xogos, para poder coñecer caraterísticas e peculiaridades destes animais, que se atopan na nosa contorna.
Grazas a Asociación Néboa, por compartir estes materiais tan interesantes connosco, e que resultarán magníficos para estudar  sobre os ecosistemas da nosa contorna.



Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; 
que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar".

1/2/26

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

              SEN PAZ NON HAI FUTURO


Con esta poesía deste gran escritor e poeta galego, Antonio Teijeiro, dou comezo o noso acto, para celebrar o Día escolar da Non Violencia e a Paz. Algunha da rapazada de 6º de primaria, foi a que guiou a xornada presentando aos seus compañeiros/as, dende Infantil ata 6º de primaria, que participaron para dar visibilidade a algo tan importante como é a PAZ, pois é ben sabido que "sen Paz non hai Futuro".

Dende peticións pola Paz, ata recitado de poemas e canción pola paz, deixaron claro que a rapazada quere que os conflictos cesen e que a Paz se espalle polo noso planeta Terra.

Alumnado e profesorado gozou dunha xornada moi gratificante , a través dos micros da nosa radio en directo, e deste xeito dar constancia do noso facer na procura dun mundo pacificador, libre de guerras.



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails