25/5/25

MES DAS FLORES E DAS LETRAS


 Neste mes cheo de letras e flores, estivemos moi festeiros e traballadores.
Deixámosvos unha recopilación das actividades que se estiveron a facer no noso centro escolar, con moita dedicación e entusiasmo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Para dar comezo ao mes de abril, con lecturas e libros mil, Raioteca agasallounos cun máxico , espacial e musical libro, titulado Os Planetas , escrito por Jose Antonio Abad e ilustrado por Antonio Seijas.

O libro trata sobre un neno que dorme profundamente e viaxa polo sistema solar nos seus soños. Ao ritmo da música de Holst, visitarás cada un dos planetas, descubrindo as súas características e as dos deuses que lles puxeron nome nunha viaxe a medio camiño entre a realidade e a fantasía.
Resultou unha xornada educativa, musical e lectora fantástica!!!
Moitas grazas a Jose Antonio Abad, autor deste máxico libro, por compartir con nós a súa experiencia e o seu bo saber.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails