18/12/24

O LIBRO VIAXEIRO- OS NOSOS CANTOS


 Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deron comezo á andaina do noso cancioneiro e dos vídeos familiares.

 "Os nosos cantos"
O libro viaxeiro que estamos a facer, convídanos a explorar e documentar as cantigas, ditos, refráns, xogos e adiviñas que foron transmitidos de xeración en xeración. Este traballo de investigación require a colaboración cos nosos maiores, que gardan nos seus recordos estas expresións culturais que enriquecen a nosa identidade galega. Ao recompilar estas manifestacións orais, non só honramos o noso pasado, senón que tamén aseguramos que a lingua e cultura galegas continúen vivas e vibrantes para as futuras xeracións.
Ollade que fermosos vídeos e a aprendizaxe tan importante que extraemos deles!
Premede no seguinte enlace para gozar dos vídeos.

DIVERSARTE

 


3 DE DECEMBRO 2024

A diversidade enriquece aos seres humanos!!!

A rapazada estivo a pescudar sobre persoas con diversidade funcional, relacionadas coas diferentes Artes, para dar a coñecer os seus traballos  e reflexionar sobre a afirmación:

"Querer é poder!"

Para poñerse na pel destas persoas, todo o alumnado estivo realizando diferentes e diversas actividades tales como, andar por un circuíto cos ollos tapados, pintar nun mural coa boca, etc,...


6/12/24

25N#sementandoslogansporunmundosenviolencia

Bo día somos Ainhoa e Branca de 5º de primaria,
voluntarias de biblioteca neste curso escolar e vimos falarvos do 25N.
O pasado 25 de novembro realizamos unha saída a Pontedeume, para concienciar sobre a violencia de xénero que afecta as nenas e as mulleres  de todo o mundo. 
Fixemos un manifesto relacionado sobre este día . Que leron os nosos compañeiros Gabi e Ainhoa, e  que podedes ver na seguinte presentación. Realizamos uns carteis que puxemos en diferentes comercios por Pontedeume relacionados con este día.
Aprendimos moitas cousas importantes que debemos coñecer !! 

Esperamos que gocedes deste pequeno relato, onde a rapazada estivo a gravar os seus slogans para dar visualización a este gran problema de violencia.  Por unha xeración chea de igualdade e respecto.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails