"A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA"
Ola de novo Raiolectores/as !
Despois de celebrar a HOMENAXE á esta querida e entrañable bibliotecaria da nosa Biblioteca Soños de Andel, emprendemos un novo camiñar neste curso escolar 2021/22, baixo o lema elixido para as bibliotecas escolares de Galicia, onde se pon o foco na PALABRA e na ORALIDADE.
Nós, dende a nosa biblioteca Soños de Andel queremos inaugurar a apertura da nosa biblioteca cunha homenaxe á ORALIDADE entre culturas : Galicia e África, por iso este martes 19 de outubro tivemos connosco ao gran orador camerunés Boniface Ofogo.
Abofé que foi unha xornada de oralidade moi produtiva. Foi todo un pracer escoitar as súas historias.
Grazas Boni, por compartir conosco unha chea de cor e aromas da túa terra africana!!!
PRIMICIA
Tivemos a sorte de que nos presentara o seu novo conto " A paso de tartaruga" no noso centro, pois acababa de saír esa mañá como moi ben dixo el:
"Acaba de salir del horno, está calentito."
Non podía faltar o seu famoso León Kandinga, escrito por el, e recientemente reeditado por Kalandraka en diferentes linguas.