18/2/20
Ola rapazada!!! Estamos de novo no Día Mundial da Radio. E como xa sabedes dende a nosa Radio escolar ,Radio Lorolareto, tamén puxemos o noso grao de area para que este medio de comunicación siga medrando polas diversas ondas do mundo.
O tema deste ano é:
"A Radio e a Diversidade"
Nós, dende a Radio Lorolareto, propuxemos tres achegas diferentes de DIVERSIDADE:
1.UNHA CHEA DE RAPAZADA,cun radioteatro, onde participaron nenos/as de todos os cursos, co libro "Orellas de Bolboreta".
2.UNHA CHEA DE FAMILIAS, cun radioteatro, onde a rapazada de 3º e 4º de primaria, fixeron radioteatro co libro "Unha chea de familias".
3.UNHA CHEA DE CULTURAS,onde o alumnado de 2º de Primaria, adicaron un breve relato do conto "La cometa de los sueños", a un compañeiro de acollida que é ucraniano, e que este curso pasado estivo un mes na súa clase.
Deixámosvos co programa que fixemos o día da radio en directo, para que poidades desfrutar deste magnífico programa.
Agradecer aos locutores Nerea e Mateo e aos técnicos Ivi e Aaron, a súa labor neste día tan importante para a comunidade educativa.
Apertas de DIVERSIDADE
dende a fiestra da ORALIDADE.
Músicas: "SÂO SIMÂO" E "DE BOM PARECER".
Grazas a PNO ( Ponte nas Ondas) por aportar estas músicas sen dereitos de autor para usar na nosa radio.
DÍA DA PAZ
Neste 30 de xaneiro, para conmemorar o día internacional do Día da Paz, Raioteca agasallounos cun libro espectacular escrito por Paula Merlán , Pilar López Ávila e ilustrado por Concha Pasamar.
Cada curso preparou un papaventos , onde contaban os soños de diferentes nenos e nenas do Mundo: Exipto, Ucrania, Portugal, Amazonia, Madagascar, Haiti.
Cada papaventos tiña os soños nas tres linguas: castelán, galego e inglés.
Tamén fixeron un papaventos cos soños da rapazada do noso colexio.
Abofé que foi todo un descubrimento este libro que está feito de Papel de Pedra.
Esperamos que os soños de TODOS e TODAS poidan facerse realidade.
APERTAS DE ESPERANZA,
que voan polo MUNDO
co Papaventos dos Soños.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)