Preme en "view full size" e poderás velo en pantalla completa,
clica sobre a tarxeta e accederás ao interior.


Aquí tedes a reportaxe fotográfica:
Os paxes de RAIOTECA foron avisando a todos os nenos e nenas de Infantil de que a nosa mascota regresara dunha das súas viaxes polo mundo, e que deixara unha carta na Biblioteca.Este vídeo recolle algúns dos momentos desta exposición oral:

No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.

Un vídeo moi interesante elaborado no CEIP Carballal de Marín (Pontevedra). :



Este ano as maceiras que plantamos no recinto escolar deron xa os seus froitos, mirade:
Premendo neste enlace poderás acceder ás bases do concurso de froita autóctona:


"Como bágoas... na choiva"
vía ANB (blog de Antonio Alonso)
Preme neste espazo:
Calquera usuario de YouTube pode subir o seu vídeo á canle e participar neste proxecto mediante a lectura dun dos 2149 fragmentos nos que foi dividido "El Quijote".


Todas as nenas e nenos do colexio preparamos unha homenaxe para o alumnado de 6º curso que inician unha nova andadura coa súa marcha ao instituto o próximo curso. Ao remate celebramos o acto de graduación coa entrega de diplomas e a banda de graduad@s. Tamén fixemos entrega duns agasallos aos encargados e encargadas de biblioteca. Ademais repartimos os diplomas aos mellores lectores deste terceiro trimestre. Foi un acto moi, moi emotivo...FELICES VACACIÓNS!!!



Parécenos unha labor moi importante a que se está realizando dende este xornal porque, entre outras cousas, difunden información da realidade cotidiana na que todas e todos nós somos protagonistas. 