O 20 de Decembro celebrouse no salón de actos o sorteo
da BIBLIOTÓMBOLA. Xuntámonos todos os alumnos e alumnas
do Centro e despois dunha introducción, na que un representante de
cada curso recitou unha estrofa dun precioso poema de Ana Mª Fernández
adicado ao mundo dos libros, cada neno/a de cada ciclo colleu un número
dunha bolsa e entregábaselle o libro correspondente a ese número.
Ademáis, seguindo co obradoiro de cociña: "Receitas de Outono",
ao remate do sorteo houbo degustación de galletas elaboradas con
froitos secos e bizcoito de limón con forma de boneco de Nadal.
Encontrei unha princesa
nun gran pazo de cristal
e un castelo con cen torres
e tellados de metal.
Unha osa prateada
que sabía cociñar,
un león cunha coroa
que aprendeu a gobernar.
Encontrei catro xigantes
que gustaban devorar
nenos de cabelos loiros
cociñados no xantar.
Encontrei un sapoconcho
que corría a máis non dar
e unha lebre preguiceira
que con el ía apostar.
Unha bruxa con verruga
que nos quere enfeitizar
e dous irmáns e outros nenos
perdidos nun carballal.
Un esquío e mais un coello,
un boi, un oso, unha ra,
un dragón con labarada
que nos quere chamuscar.
Encontrei o que vos digo
e máis podía encontrar;
porque, con leres un libro,
mil mundos podes achar.
(Ana Mª Fernández)
No hay comentarios:
Publicar un comentario