2/10/10

"El Quijote Online" en Youtube.

Calquera usuario de YouTube pode subir o seu vídeo á canle e participar neste proxecto mediante a lectura dun dos 2149 fragmentos nos que foi dividido "El Quijote".
O propósito desta idea de YouTube, que conta co apoio e a colaboración da Real Academia Española (RAE) e da Asociación de Academias da Lingua Española (ASALE), é lograr unha lectura completa e global do Quixote en Internet, a cargo de lectores de todos os recunchos do planeta.
Os usuarios que desexen tomar parte na iniciativa deberán entrar na páxina
http://www.youtube.com/elquijote e facer clic no botón «participar».


26/9/10

"LER EN FAMILIA"


Dez definicións do que é unha Familia comprometida coa Lectura, forman este decálogo que repartiremos ás familias do noso alumnado para ser comentado nas reunións de titorías do mes de Outubro. É a primeira proposta que dende a biblioteca elaboramos neste novo curso, e está baseada no "Decálogo Lectura" do mestre e bibliotecario Mariano Coronas Cabrero.




18/9/10

BENVIDA.


Comezamos un novo curso e está sempre a ilusión de trazar novas liñas nas páxinas da nosa vida.
Dende a biblioteca "Soños de andel" desexámosvos que esas liñas, que agora son unha incognita, sexan sempre para ben.
Aquí tedes un pequeno vídeo de BENVIDA que elaboramos coas ilustracións de
Luis Silva, do seu libro "O senhor das Palavras":


30/7/10

LENDO NO VERÁN

Diferentes imaxes da lectura no verán, da ilustradora Linda Prater.
A lectura sempre nos pode acompañar alí onde imos...

Vía Pinzellades al món

30/6/10

FIN DE CURSO.

Todas as nenas e nenos do colexio preparamos unha homenaxe para o alumnado de 6º curso que inician unha nova andadura coa súa marcha ao instituto o próximo curso. Ao remate celebramos o acto de graduación coa entrega de diplomas e a banda de graduad@s. Tamén fixemos entrega duns agasallos aos encargados e encargadas de biblioteca. Ademais repartimos os diplomas aos mellores lectores deste terceiro trimestre. Foi un acto moi, moi emotivo...


FELICES VACACIÓNS!!!

27/6/10

CELEBRAMOS O 25 ANIVERSARIO!!!



PROGRAMA:
12.15 Actuación do MAGO MARTÍN na sala de usos múltiples.
13.00 Benvida.
13.10 Recitado de poesía: “Espinelas para el CEIP Andrade”
Presentación de fotos. No Recanto dos Contos.
13.35 Cantamos “Cumpreanos Feliz”
13.40 Actuación do grupo de música Pop: “Teenagers”
14.00 Ximnasia Rítmica: “Club Acordes.”
14.15 O “Rap de Andrade”
14.45 Xantar de convivencia.
Á entrada do colexio tivemos exposición de fotos e unha mostra da traxectoria do colexio ao longo destes 25 anos.



VÍDEO NO "RECANTO DOS CONTOS":
"A ESCOLA DOS NENOS E NENAS FELICES"





20/6/10

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA.


Esta semana celebramos a última reunión do Club de Lectura, neste curso 2009/2010. O libro escollido foi "La canción de Amina". As responsables do Club preparamos unha ambientación especial na biblioteca relacionada co lugar onde se desenvolve a novela, unha tribo marroquí. Despois dos comentarios e posta en común, vimos un documental sobre a forma de vida e os costumes destas tribos do deserto e bailamos ao son da súa música. Foi moi divertido. Rematamos cunha merenda.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

14/6/10

O COLE CUMPRE 25 ANOS!!!


Aquí tedes unha mostra dos MARCAPÁXINAS que o alumnado fixo para conmemorar estas "Bodas de Prata" do colexio.

6/6/10

O NOSO COLE NO XORNAL.

"Pegadas" é un xornal de ámbito comarcal que se corresponde coa área que comprende os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Moeche, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, Somozas e Vilarmaior. Pretende favorecer un mellor coñecemento da realidade destas zonas nos diferentes campos, culturais, deportivos, artesanais...
Está escrito integramente en galego e ten unha periodicidade mensual.
Neste mes de xuño na sección "Axenda Ensino"aparecen dúas reportaxes sobre actividades do noso centro:

"OS ALUMNOS DE ANDRADE VISITAN O COUREL"



"O CEIP DE ANDRADE CELEBRA OS SEUS 25 ANOS DE VIDA"

Parécenos unha labor moi importante a que se está realizando dende este xornal porque, entre outras cousas, difunden información da realidade cotidiana na que todas e todos nós somos protagonistas.
Parabéns á xente que traballa para que este proxecto sexa posible.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails