Este curso está chegando ao final, e por iso Raioteca proponvos algunhas lecturas para gozar durante este período estival de grandes aventuras, poesía, libros informativos, etc,...
Non esquezades que tedes moito tempo para crear, ler e gozar da familia.
Boas lecturas!!!
1 comentario:
SOÑOS DE ANDEL
Blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe de Andrade-Pontedeume.
Páxina principalBUZÓN DE SUXESTIÓNSBIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIAHORA DE LERLIBROS A EITOLER EN MANCOMÚNREDE LECTURA
17/11/25
Magosto polo San Martiño
Este pasado martes día 11 de novembro, celebramos o magosto, onde grazas á Asociación cultural do Olmo, e a súa fantástica máquina de asar castañas, feita dun bombo de lavadora, foi posible desfrutar do tradicional magosto, co obxectivo de non esquecer o noso Patrimonio Cultural. Ademais, tivemos xogos con castañas, e non podía faltar o baile dos peóns, pois nesta data é ben sabido o dito:
"Polo San Martiño, peóns ao camiño."
Resultou unha xornada moi educativa e divertida!!!
Publicado por soños de andel en 1:14 No hay comentarios:
16/11/25
O Samaín- Tradicións con Patrimonio Cultural-Natural
O Samaín non podía faltar como celebración que tanto gusta ao alumnado. Por este Samaín, fixéronse cabazas terroríficas baseadas en animais , pois queriamos facer un guiño ao noso Proxecto de centro Integrado , que está relacionado cos ecosistemas.
Abofé que lles quedaron estupendas!!! Moitas grazas a todas esas familias que participaron para poder decorar os nosos corredores.
Tamén tivemos merendas terroríficas, onde a rapazada trouxo e compartiu merendas polo Samaín, coas familias, mestres/as, etc,... Elaboráronse colares de zonchos, para non perder o noso Patrimonio Cultural, relacionado co día de Todos os Santos.
Publicado por soños de andel en 23:56 No hay comentarios:
23/10/25
UN NOVO CURSO , MIL HISTORIAS POR DESCUBRIR
Benvidos/as a este novo curso 2025/26, onde a nosa rapazada voluntaria de biblioteca xa estivo a preparar moitos elementos esenciais para abrir as nosas portas á aventura da lectura, xogos, radio, etc,...
Mañá teremos a partir das 13 horas, a presentación do Día de Bibliotecas, onde algunha rapazada do voluntariado de biblioteca de 6º de primaria, entregará mochilas viaxeiras e caixas da radio, e presentará o noso novo proxecto.
Tecendo vida: Unha viaxe polos ecosistemas
Esperámosvos a todos e a todas !!!
Deixámosvos coa cuña publicitaria relacionada co noso Proxecto de centro, deste curso escolar 2025/26.
Magnífica xornada para facer a entrega das mochilas viaxeiras e das caixas da radio Lorolareto, para tecer camiños polos ecosistemas da nosa contorna e da nosa autonomía.
A rapazada voluntaria de 6º de primaria, agasallounos coa lectura do conto :
El último árbol
Quixeron facer fincapé na importancia que ten o coidado dos nosos ecosistemas, en especial dos nosos bosques, que tanto precisamos para poder seguir vivindo.
A rapazada gozou moito e as mestras titoras levaron con moito ánimo e gañas as mochilas viaxeiras para o seu alumnado, e as caixas da radio, co fin de traballar os diferentes ecosistemas.
20 de noviembre de 2025 a las 18:28
Publicar un comentario