25/11/10

"O PAÍS DOS MANDÓNS"

No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
Integran, por agora, a colección outros dous títulos:
"A urna dos desexos" -sobre a democracia participativa e a paridade- e "O segredo de Flora" -ao redor da convivencia e do rexeitamento de calquera tipo de violencia. O nome da colección é: A IGUALDADE CONTA.

Dende a biblioteca preparamos a escenificación deste conto co alumnado do terceiro ciclo, para representar nun día tan importante, o 25 de novembro, no que celebramos:
A loita contra a violencia de xénero .
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

E unha presentación coas ilustracións máis representativas:


Tamén incluimos no lateral do blog, no apartado Actividades TIC do CEIP de Andrade, unha webquest que elaboramos dende a Biblioteca: "Un libro, un vídeo, unha carta" que nos servirá de reflexión sobre a situación de moitas nenas privadas do dereito á educación, que non deixa de ser un importante xeito de violencia de xénero.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Foi unha obra xenial¡¡¡
Pedro, capitoste

Anónimo dijo...

Paseino moi ben actuando nesta obra.
Almudena, a avoa.

Anónimo dijo...

Foi algo fabuloso, gustoume moitísimo porque como non fago moitas obras de teatro encantoume ser a outra avoa.
INÉS

Chispa dijo...

Canto traballo, sempre e tan ben feito!
Aínda que todavía non mercamos os libros, están ao caer; e a aposta do teatro é tan positiva... Así que tomamos nota porque nos destes un pouco de envexa. Se cadra, o vindeiro curso facemos unha réplica.

Biquiños agarimosos para todos os que puxeron en escea "O País dos Mandóns" e outro grande para Encarna.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails