19/2/10

TEÑO UNHA AVOA DIFERENTE...


Seguindo co proxecto de Lecturas Compartidas: "RECUPERANDO A MEMORIA" recibimos a visita de Gloria, a avoa de Carlos de E. Infantil, e de Pancho, o avó de Iván e David.
Gloria preséntanos o conto titulado: "Teño unha avoa diferente" e Pancho ameniza a sesión de contacontos con música de acordeón.
Desde aquí queremos agradecer a colaboración de Gloria e Pancho, que nos fixeron pasar uns momentos moi divertidos. Foi unha actividade moi interesante.
Parabéns a estes dous superavós!!!


5 comentarios:

Anónimo dijo...

Quixera deixarvos os meus parabéns por esta actividade xa que fichéchedes moi feliz á miña nai, falei con ela ese día desde Laxe e estaba moi emocionada e contenta por ir ler un conto os amigos do cole do seu neto.
Unha aperta forte de Pamen (tía de Carlos G. e filla de Gloria)

Encarna dijo...

Moitas grazas Pamen polo teu comentario.
O noso agradecemento para as persoas que como Gloria fan posible que as escolas abran as súas portas ás familias.
Unha aperta.
Encarna.

Susana Lamela dijo...

¡Que fermosísima idea!!!
Os meus parabéns.

Bibliobelesar dijo...

Que actividades tan fermosas propoñedes na biblio. Dende logo esos netos e netas teñen que estar moi orgullosos!! Cantas cousas pode unir unha simple biblioteca!! Biquiños dende Belesar

Chispa dijo...

Que actividade tan bonita. A reportaxe é preciosa; así que imaxino como sería estar aí.
Noraboa e biquiños desde Ferrol.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails