Somos dous grupos: un formado por alumn@s de 5º curso e coordinado por Isabel Galán, e outro por alumn@s de 6º curso, coordinado por Encarna.
A nosa primeira lectura é: "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure.
Teremos unha xuntanza cada 15 días, na Hora de Ler. As xuntanzas serán na biblioteca, na zona de lectura informal.
O nome que entre tod@s eliximos para o noso club é: RAIOLECTORES.
Con ese mesmo nome crearemos o blog do club de lectura.
Ao acto de inauguración asistiu o noso bibliotecario favorito, Alejandro, que nos dixo cousas moi interesantes. Desde aquí queremos darlle as grazas pola súa colaboración. Agradecer tamén a Mar, mestre no CPI A Baña ,polo préstamo e traslado dos 30 exemplares de "Palabras de caramelo".
Moitas grazas Mar!!!
9 comentarios:
¡Qué maravilla! ¡Quién pudiera decir lo mismo! Pero nuestro club de lectura sigue siendo, por ahora, un sueño aplazado. Parabéns e apertas dende Loranca.
Noraboa, Raiolectores!!!!
Moitos bicos da Pescadora de Historias!!
Que gustazo saber que seguen a nacer clubs de lectura por todos os recunchos... que logo digan que as nenas e os nenos galegos non len!! Que disfrutedes moito coas vosas lecturas! Parabéns ao profesorado que o fai posible!
Noraboa Raiolectores.
Por fin un soño cumprido!!!
Un bico enorme para todos e todas.
Alédanos moitísimo saber que naceu un novo Club de Lectura. Seguro que ides gozar nel tanto coma o facemos nós en Taragoña. Desde a Biblioteca Brea Segade dámosvos a noraboa e desexámosvos moi boas lecturas en compañía.
Preciosa escolla para comezar! Nós lemos Palabras de caramelo o curso pasado e segue a ser un dos nosos libros favoritos.
Unha aperta
A mancha negra, Os atrapalibros, e Cova
Noraboa e feliz singradura. Que disfrutedes moitísimo e medredes coa lectura.
Bicos agarimosos e unha aperta grande desde Pazos.
Dende Neda queremos agradeceros o voso comentario no noso blog, foi moi especial por ser o primeiro.
Noraboa polo voso blog, sodes un dos nosos puntos de referencia, posto que como observáchedes aínda estamos moi verdes.
Calquera suxerencia será moi ben recibida.
Vos desexamos que este club de lectura que acabades de inaugurar chegue moi lonxe.
Un bico a todos os Raiolectores!!
Moitas grazas a tod@s por eses comentarios de parabéns.
Esperamos que estes "RAIOLECTORES" recen nacidos encontren na lectura a resposta a moitas das súas preguntas e disfruten do pracer de falar de libros en boa compañia.
Un bico.
RAIOTECA.
Qué puedo deciros... En mi nombre, gracias. En nombre de Kori, de todos los niños saharauis: es emocionante compartir la vida a través de ese mecanismo mágico que se llama libro. Soy porque me leéis, soy en vuestro corazón. Por eso, cada vez que abrís el libro, mi corazón vuelve a latir. Y Caramelo no dicta solo las poesías que hay en el libro: a cada uno de vosotros os dicta una, solo para ti.
Algún día compartiremos algo, seguro. Un viaje, otro libro, un sueño.
Y, si puedo, os enviaré a Gonzalo, a que os cuente misterios y estrellas de la noche saharaui...
Hasta siempre.
Kori y Gonzalo.
Publicar un comentario