Neste ENTROIDO, o cole de Andrade vístese de CIRCO:
PAIASOS en Infantil
MÚSICOS no 1º ciclo
"SALTIMBANQUIS" no 2º ciclo
No 3º ciclo: Bailarinas, maxia, encantador de serpes, mulleres barbudas, equilibristas, domadores...
PASEN E VEXAN:
E falando de CIRCO, esta curta de Eduardo Verástegui, gañadora do primeiro premio do concurso "The Doorpost Film Project" : "O CIRCO DA BOLBORETA".
Nun circo pequeno en plena depresión americana atópase un mozo sen extremidades que participaba nunha exhibición de rarezas; o director do circo e o valor do mozo logran que este descubra a súa auténtica dignidade como persoa.
Nesta curta atopamos moitos dos valores universais: a liberdade, a esperanza, a ledicia, a humildade...
Vía o noso blog amigo: Trafegando Ronseis.
4 comentarios:
Feliz Entroido a todos os integrantes do Circo de Raioteca!!
Bicos da Pescadora de Historias
O circo é sempre unha gran idea, pero este ademais era do máis completo: súper, súper guapos.
Que sigades disfrutando do Entroido 2010.
Bicos larpeiros e carnavaleiros!
Circo e entroido. Que marabillosa combinación!!!
Que gran idea!! As fotos son preciosas, seguro que o pasáchedes moi, moi ben.
Aquí, iamos de "tribus urbanas", uns de góticos, outros de rapeiros, de surfeiros, de hippies ou de pijos, de yupies...
Tamén o pasamos xenial, foi un día fantástico!!
bicos e apertas para todos
Sara
Publicar un comentario