13/4/09

QUE ACENTO TEN ESA GUITARRA...

O venres 3 de Abril, tivo lugar no colexio a entrega de premios do "Certame de Poesía PRIMAVERA 2009".

O xurado fixo publica a lista dos gañadores e gañadoras, que recitaron novamente os seu poemas acompañados/as por Álvaro, que participou neste acto desinteresadamente facendo tocar a súa guitarra para que os poemas soaran aínda mellor.
Despois as alumnas e alumnos de 6ºcantaron , acompañadas/os á guitarra, "Quen puidera namorala", un fermoso poema de Álvaro Cunqueiro.

Aproveitamos este acto para despedirnos da alumna en prácticas, Salomé:
Grazas pola túa colaboración e a túa alegría. BOA SORTE!!!

Para rematar, adicámoslle a Álvaro(ex guitarrista do grupo de pop chamado "Los Limones", formado en Ferrol no ano 1983) un poema de Antonio García Teijeiro recitado por unha alumna de 5º curso:

Que acento ten
esa guitarra,
ás veces chora,
ás veces canta!

As súas cordas,
fíos de prata,
ás veces tremen,
ás veces calan.

Dorme no colo
dunha rapaza,
ás veces corre,
outras descansa.

Que acenos fai
esa guitarra,
ás veces, meiga,
ás veces, fada!
A. García Teijeiro.

Grazas a todos e todas por facer deste acto un acontecemento tan emotivo.



2 comentarios:

Loly dijo...

Parabéns ás organizadoras dunha magnífica xornada de poemas e música. Fermosa combinación!!
Apertas dende Fene

Andrade39A dijo...

Moitas grazas Loly!!!
En nome do todo o alumnado e profesorado do Centro por estar sempre ahí visitando o blog e dando ánimos.
Un agarimoso saúdo.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails