19/4/09

Encontros PLAMBE 08/09

O 16 e 17 de abril, tiveron lugar en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009, nestes encontros reunímonos as/os integrantes dos equipos de biblioteca daqueles centros que estamos incluídos neste programa da Consellería de Educación.

Esta actividade de formación está pensada como un espazo de encontro entre o profesorado responsable destas bibliotecas escolares, con tempos para a reflexión conxunta, o intercambio de experiencias e materiais sobre aspectos relacionados coa xestión e dinamización das nosas bibliotecas e a asistencia ás conferencias de expertos como:
Glòria Durban, Ana Bernal, Felipe Zayas, Concha Costas, César Iglesias, Encarnación López Chicano, Juana Vázquez ou Emilio Pascual,

Hai que destacar a impecable organización, a acertada selección dos/as conferenciantes, e persoalmente o poder pórlles cara a algunhas compañeiras virtuais, como Isa do CEIP Quintela de Moaña, Olga do CEIP Milladoiro de Malpica, Elisa do CEIP de Cangas do Morrazo; reencontrarme con Bea, Mónica e Celia, e por suposto con todos e todas os/as compañeiros/as do PLAMBE Ferrol, que son, somos un grupo fantástico. Quedei con ganas de coñecer en persoa a compañeiras/os doutros centros cos que estamos en contacto habitualmente. Outra vez será!!!

Estas son algunhas anotacións de citas que os/as ponentes dixeron e que me serviron de reflexión:

"El ver mucho y el leer mucho aviva los ingenios de los hombres" EMILIO PASCUAL.

"Intentaban la reforma, cuando ellos no sabían ser la norma" EMILIO PASCUAL.

"BIBLIOTECA, espacio educativo dinámico, no sólo gestor de documentos" ANA BERNAL.

"La biblioteca escolar como articuladora en el centro educativo. Del aula a la biblioteca, como entorno de aprendizaje" GLORIA DURBÁN.

Atoparedes máis información sobre os encontros nos seguintes blogs:
Biblioteca Milladoiro Malpica
O segrel
Mesturas
Bibliotecadocole
A Asesoria de Bibliotecas escolares facilita un enlace onde podemos acceder a todas as ponencias:

1 comentario:

bibliotecadocole dijo...

A min tamén me gustou coñecerte,a ti, e a tantas outras compañeiras, pena que non houbera máis tempo para falar,...a ver si na próxima xuntanza,..

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails