5/4/09

O AGASALLO DE MIK.

Hoxe recibimos unha agradable sorpresa dende o noso blog amigo: "O RECANTO DE MIK"; concedeunos o premio Olla que blog Maneiro, que quere dicir algo así como: "Mira que blog tan creativo, tan bonito...".
Moitas grazas por este agasallo!!!. Estamos todos/as moi contentos/as, especialmente Raioteca, que está encantadíííííísima, e mándalle moitos bicossssssssss a Mik.

Este premio ten as súas normas:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.

- Poñer o nome do blog que cho deu.

- Indicar os teus 10 blogs.

- Avisar aos indicados.

- Publicar as reglas.

- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.

Nós pasamos o premio a:

10 comentarios:

olga dijo...

Grazas por este título que non tiñamos: MANEIRO!!! Canta fermosura nesa palabra. E, como dicía Snoopy:
¡Que grande é ter amigos!
Esperamos poder corresponder a tanta galanura.

sara dijo...

Grazas Raioteca, estou moi contenta e agradecida por este agasallo tan creativo e especial.
Moitos bicos.

bibliotecadocole dijo...

Grazas polo premio. E un premio para os amigos, para crear rede.
Moitos biquiños dende Moaña

A Pescadora de Historias dijo...

É un honor estar neste listado de blogues tan creativos e interesantes. !Estamos encantados e moi agradecidos e así volo queremos facer chegar!.
Noraboa tamén a tódolos que forman esta rede.
Biquiños de laranxa e un de caramelo para Raioteca!
A Pescadora de Historias.

Margarida dijo...

Moitas grazas Raioteca!
Polas vosas ideas, aportacións, colaboracións, ... e en este caso por pensar en nós para este fermoso agasaio.
Saudiños!!
Margarida (Biblioblogreboreda)

olga dijo...

Podedes pasar polo noso blog a recoller un agasallo DIFERENTE :-)

quintob dijo...

Moitas grazas Raioteca polo voso agasallo.Tedes que disculparnos pero deixamos o listado de blogs para completar a volta das vacacións, xa que non queriamos repetirnos.
É unha sorte que cada vez señamos máis que estamos en contacto xenerando ilusión, colaboración e un sinfín de cousas que levan unha boa música.
Un abrazo moi forte

Begoña dijo...

Sumámonos aos agradecementos pola vosa consideración... como dicía alguén ter amigos coma vos é ter unha caixa chea de boas sorpresas.
Un bico.

TERESA dijo...

Grazas polo agasallo! Estamos encantados! Saúdos desde Cabanas

MESTURAS dijo...

De volta das vacacións atopo todos estes agasallos tan fermosos.Teño que ler as normas atentamente pero de momento GRAZAS POR ESTA SORPRESA INESPERADA.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails