6/3/09

DE LIBROS PARA A IGUALDADE...


Dende o equipo de Biblioteca decidimos que o libro do mes de marzo, con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller", será:

"LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES"

Por primeira vez, o libro proposto como libro do mes, témolo só en formato dixital, os alumnos e alumnas que o queiran ler, farano nese formato. Terán á súa disposición a aula de informática e os ordenadores da biblioteca durante o tempo de recreo, na "hora de ler" e polas tardes: martes, mércores e xoves de 16.30 a 18 horas.







Na vindeira semana e como presentación
do libro, os alumnos/as do 2º ciclo
farannos unha lectura colectiva
para todos os seus compañeiros e
compañeiras.









Na entrada do colexio temos unha exposición de libros :

"LIBROS PARA A IGUALDADE"


Tamén elaboramos unha pequena guía de lecturas coeducativas en galego.

Preme na imaxe para acceder á guía de lecturas

3 comentarios:

Loly dijo...

Como me gusta a vosa selección, un dos meus favoritos é "Chocolata". Esa hipopótama tennos namoradas!!
Bicos dende Fene.

Ah, esa imaxe non será un marcapáxinas, non? Se o é, porfa... gardádeme un!!!!

bibliotecadocole dijo...

Moi boa idea a do conto dixital. Creo que imos copiaros a idea!
Saúdos dende Moaña

sara dijo...

Sí vin a páxina. Estaba moi ben, tivechedes unha boa idea.
Bicos!!!
Sara

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails