Abad retrata as diferencias sociolaborais de nais a fillas na exposición «(m2)»
Xosé Abad inaugurou o 6 de marzo unha interesante exposición fotográfica, na Sala da Fundación Caixa Galicia, Rúa Médico Rodríguez, 2-4 de A Coruña.
Este traballo expositivo de fotografía, libro e audiovisual, ten como finalidade retratar e presentar ao público dúas imaxes das mulleres a través de dúas xeracións, que, sen estar moi distanciadas no tempo reflicten una diferenza laboral e sobre todo vital.
A intención do autor e mostrar este salto xeracional a través do retrato de nais e fillas.
Así mesmo esta exposición ten o valor de recoller as imaxes e os testemuños dunhas mulleres, as nais, con experiencias, traballos e formas de vida que van quedando distantes no tempo, e incluso son, no caso dos máis mozos, descoñecidas.
Enlace a web de Estudio Abad
Vía superquintob
1 comentario:
Haberá que ir vela xa que parece moi interesante. Grazas pola información e saúdos desde Betanzos.
Publicar un comentario