16/2/09

Repoliño e Repoliña.

" REPOLIÑO E REPOLIÑA estan moi enfadados
porque dentro duns días van ser quimados."
Os Entroidos xa chegaron ao colexio e como están tan enfadados, haberá que cumprir os seus mandatos:
O LUNS, PARA VIR AO COLE XENIAL, UN PIXAMA OU UN ORINAL TRAERÁS.
O MARTES, UNS GUANTES E UN MANDIL TRAERÁS E O COLE LIMPARÁS.
O MÉRCORES, SE QUEREDES TER IDEAS FRESCAS POÑEDE UN ESCURRIDOR NAS CABEZAS.
O XOVES, A TÚA CARA FERMOSA PINTARÁS COA MAQUILLAXE E AS TÚAS MANS.
O VENRES, O TEU DISFRAZ PORÁS E POLA HISTORIA PASEARÁS.

Se premes nesta foto poderás acceder á caza do tesouro: "O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO" elaborada no CEIP Mestres Goldar-Vigo.

No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails