Durante toda a semana, os alumnos/as dende Infantil ata 6º de Primaria aportaron os seus traballos para "Vestir o Colexio de PAZ."
Preme nunha das frechas para agrandar as fotos, movendo o cursor podes axustar o volume da música.
Tamén durante esta semana adicamos a HORA DE LER á lectura de CANCIÓNS DE PAZ. Cada día ao remate, acompañados dun video da canción, cantamos todas e todos xuntos.
Premendo nesta foto podes acceder á letra destas cancións.

Por fin, o venres día 30, celebramos o "DÍA ESCOLAR POLA PAZ".
Os alumnos e alumnas do terceiro ciclo fixeron a presentación e faláronnos da PAZ no MUNDO.

Dentro do programa de actividades pola PAZ, en primeiro lugar, escoitamos unha gravación dun grupo de nenos e nenas do 2º ciclo, que ilustraron e puxeron voz a uns poemas de Antonio García Teijeiro, recollidos no libro: “A fala das pombas que falan”.
Premendo na foto podes ver o video.

Tamén nos interpretaron a canción deste conto, (que está incluido no libro: "CONTOS EN CANTOS da editorial OQO), ilustrado cos debuxos que todos e todas fixeron.
Para rematar, seguindo co ciclo de CANCIÓNS PARA A PAZ, lemos e cantamos: “Verdad que sería estupendo”
Ilustrada cun video dos debuxos dos alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclo.
Dende o CEIP de Andrade desexámosvos
PAZ, SAÚDE e BOAS LECTURAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario