9/1/09

"QONTEXTOS"


Durante o mes de Decembro chegou ás librerías a nova colección de OQO Editora: “Qontextos”, unha serie de libros que apostan, desde unha perspectiva solidaria, por abordar a marxinalidade, a miseria e a dramática situación dos máis desfavorecidos”.
O seu primeiro número é Fume, un álbum ilustrado dunha conmovedora historia de
Antón Fortes cunhas intensas imaxes, da ilustradora polaca Joanna Concejo, de gran sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a dura realidade do protagonista nun campo de concentración.
A editorial colaborará, para esta colección, coa
ONG Creart, que traballa con nenos de países como Senegal, India, Thailandia ou da franxa de Gaza.

“Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos imos reunir”.

1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Grazas por achegarnos esta novidade que mañá mesmo mercarei.
A nosa lectura do club de rapaces é "O neno do pixama a raias" (por petición unánime de todos os membros!!). Estou recopilando material para distintas actividades a desenvolver sobre o holocausto, a 2ª guerra mundial... polo que a vosa proposta chega no momento xusto. O luns temos reunión!!
Apertas dende Fene.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails