17/1/09

"A fala das pombas que falan"


Con motivo da celebración do DÍA ESCOLAR POLA PAZ, o 30 deste mes, unha das actividades que faremos os nenos e nenas de E. Infantil e 1º e 2º ciclo de primaria, será ilustrar e poñerlle voz a algúns dos poemas recollidos no libro de Antonio García Teijeiro titulado: "A fala das pombas que falan".
Nesta breve presentación podedes ler algúns destes poemas.



Incluímos un estupendo vídeo que nos chega vía Trafegando Ronseis, a través do cal queremos manifestar a nosa repulsa a todo tipo de conflito bélico.


“Dálle aos nenos/as os instrumentos para crear unha vida mellor, e un mundo pacífico será posible. Abandónaos e o ciclo da pobreza e violencia seguirá”. (We are the future, concerto pola paz)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Temos que parar contra a violencia que se exerce contra o pobo de Palestina, que é un xenocidio ao que temos que asistir sen apenas poder facer nada.É tan importante educar para la Paz e tan importante que ninguén poda calar as nosas voces de ¡Basta Xa!
Precioso reportaxe.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails