A asociación ADAFAD (Asociación de Axuda a Familiares de Drogodependentes) presta os seus servicios en dúas áreas principales:
- Información e prevención.
- Atención psicosocial.
O programa "NON É TAN ESTRAÑO" I e II, que realizaron no noso colexio, vai dirixido a alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, co interés de promover hábitos de vida saludables e o respeto ás diferencias, como base para unha convivencia pacífica.
As actividades realizadas constan de cinco módulos:
- MÓDULO I: Saude: Coidado do corpo.
- MÓDULO II: Manexar tensións e afrontar problemas.
- MÓDULO III: Convivencia familiar e escolar.
- MÓDULO IV: Relacións sociais na comunidade.
- MÓDULO V: Malos rollos ...
Hoxe, 28 de Marzo, remata este obradoiro de hábitos de vida saludable e relacións positivas.
Moitas grazas a Mª Xosé e Borja, os monitores que tan ben souberon dirixir todas as actividades e á asociación ADAFAD, promotora deste obradoiro.
3 comentarios:
foi unha actividade moi divertida
son Patri de 6º curso
Foron seis días de actividades moi interesantes. O mellor foi o xogo da laranxa, unha pelexa con final feliz.
David e Rocio 6º curso
Gustoume moito cando fixemos un xogo no que nos deron un papel que
tiñamos que representar con mímica.
Publicar un comentario